Hoy es noticia

  • Considera probado que cometeu irregularidades para outorgar 86.311 euros a unha construtora para compensala por un sobrecusto nas obras do campo de fútbol de Moraña 
  • O tribunal absolve á exalcaldesa da localidade porque o procedemento se dirixiu contra ela tras declarar complexa a causa, algo que asegura que se fixo fóra de prazo 
  • Absolve aos condenados por fraude e destaca que “non consta que se cobrara máis do efectivamente realizado, como tampouco a prezos superiores aos do mercado” A Coruña, 9 de maio de 2022.-

La Federación de Atención a la Ciudadanía de la UNIÓN SINDICAL OBRERA en Galicia (FAC-USO Galicia), que ya había denunciado que la RPT de Corcubión excluía los puestos del Arquitecto Técnico y del electricista, es decir, “os dous de sempre”, denuncia que continúa la persecución y el acoso al electricista de Corcubión. La Federación de Atención a la Ciudadanía de la UNIÓN SINDICAL OBRERA en Galicia (FAC-USO Galicia), que ya había denunciado que la RPT de Corcubión excluía los puestos del Arquitecto Técnico y del electricista, es decir, “os dous de sempre”, denuncia que continúa la persecución y el acoso al electricista de Corcubión. 

Ecoloxistas en Acción denuncia o nulo respecto pola vida animal que ten o departamento de Parques e Xardíns do concello de Vigo. Persoal municipal procedeu estes días a baleirar os estanques do parque de A Riouxa, en Teis, e limpialos con auga a presión e lixivia. Na operación de mantemento non tiveron en conta os centos de anfibios que habitaban nos estanques, os cales morreron desprovistos do seu hábitat. 

AO ALCALDE DO CONCELLO DE MIÑO

Información
Hoy es noticia | 01 Mayo 2022 | 952 votos | Correo electrónico | Imprimir

Miguel Anxo Abraira Sobrado, portavoz municipal da organización política LiGanDo en Miño 

“A muller de Cesar non só ten que ser honrada; tamén o ten que aparentar.”

Hai varios meses a nosa organización denunciou publicamente que persoas da equipa de goberno se poderían estar beneficiando por actuacións pouco honrosas ao recebir para o seu uso persoal leña saida da creación da Senda dos Sentidos. Este feito xerou grande malestar entre a veciñanza xa que a acción de goberno non debe beneficiar de xeito directo ou indirecto a ningún concelleiro/a.

  • Ecoloxistas en Acción censura  a maraña administrativa tecida coa complicidade de Augas de Galicia para entorpecer o acceso á información pública.

En xuño de 2021, unha vez coñecida a resolución denegando o proxecto da mina de Touro, Ecoloxistas en Acción solicitou acceso ao expediente completo da concesión e atendendo ao estipulado na Lei 27/2006, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, este debería terse resolto no prazo de 30 días.

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un veciño de Arteixo por agredir, en novembro de 2018, ao concelleiro de Urbanismo do municipio por non solucionar os problemas de corte de subministración de auga que sufría a súa nai, pois consideraba que era competencia do departamento que dirixía o afectado. O tribunal considerouno autor dun delito de atentado á autoridade e dun delito de lesións, polos cales lle impuxo un ano de cárcere e o pago dunha multa de 2.520 euros. Ademais, condenouno a indemnizar á vítima con 1.588 euros.

Reportaxe sobre a xestión da auga na comarca de Vigo

Información
Hoy es noticia | 25 Abril 2022 | 812 votos | Correo electrónico | Imprimir
  • Ecoloxistas en Acción Rías Baixas realizou unha videoreportaxe para avaliar a marxe de mellora na xestión da auga na comarca de Vigo ante o anuncio da construción de grandes infraestruturas de captacións de auga.
O Centro de Servizos ao transporte que a Zona Franca de Vigo pretende construír en Torneiros, é una auténtica aberración á que deberían opoñerse todos os grupos municipais do Concello, Asociacións Veciñais e Comunidade de Montes.
 

A Audiencia Provincial de Pontevedra rexeitou o recurso interposto por Comboios de Portugal e pola esposa dun dos falecidos, ao que se adheriron outras tres persoas, contra o auto do Xulgado de Instrución número 2 do Porriño que decretou, en marzo de 2021, o sobresemento provisional das dilixencias relativas ao descarrilamento do tren Celta, que une Vigo e Porto, sucedido en 2016 na entrada da estación do Porriño. Dos 420 viaxeiros que ían no convoi, faleceron catro e 47 resultaron feridos.