Construción dunha pérgola acristalada e a instalación de casetas prefabricadas na antesala da Fervenza do Ézaro

Información
A Coruña | 19 Mayo 2019 | 3046 votos | Correo electrónico | Imprimir

Potenciar o turismo en Dumbría e dotar de servizos á Fervenza do Ézaro é o obxectivo do convenio para o que a Deputación da Coruña destina un total de 324.392,19 euros e que foi asinado hoxe polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño..

 

Un total de 324.392,19 euros, o 80% do orzamento total do proxecto que ascende a 405.490 euros, é a achega que a Deputación da Coruña destinará a un proxecto para a construción dunha pérgola acristalada e a instalación de casetas prefabricadas na antesala da Fervenza do Ézaro, no Concello de Dumbría.

A día de hoxe existe una pérgola de madeira que se demolerá para a construción da nova, na que se optou por unha cubrición acristalada co obxectivo de garantir a adecuada iluminación interior do espazo, permitindo sempre a observación da fermosa paisaxe da zona.

O fin desta nova pérgola, que servirá de antesala á Fervenza do Ézaro, é dotar á contorna de servizos, embelecela e ordenar o turismo estacional que se instalaba na zona durante a tempada turística. Así, instalaranse tamén unhas casetas prefabricadas para que todos os postos que alí se sitúen teñan un estilo homoxéneo, evitando a actual disparidade de modelos e solucións adoptadas polos particulares.

O presente proxecto servirá para transformar a zona nunha área de esparexemento, descanso e ocio desde a que se poderá contemplar a beleza da zona mentres se fai uso dos establecementos situados nas diferentes casetas prefabricadas que se instalarán.

A Deputación da Coruña responde así á demanda do Concello de Dumbría, que pretende continuar a potenciar o turismo en todo o municipio e máis concretamente na zona do Ézaro, que cada ano aumenta a súa afluencia turística e tamén incrementa en proporcións exponenciais o número de negocios que alí se instalan

social youtube xornalgalicia   feed-image