Abel Caballero: "xa é hora de que a sanidade destruída por Feijóo en Vigo mellore"

Información
Portada | 29 Diciembre 2018 | 4021 votos | Correo electrónico | Imprimir

Caballero valorou a manifestación da tarde de onte xoves, convocada polos profesionais sanitarios da cidade e con saída no PAC de Pizarro, no antigo hospital Xeral.

"A cidade de Vigo saíu á rúa para demandar mellor sanidade, mellor atención primaria e mellor atención hospitalaria", asegurou o alcalde. Esta saída "masiva" -cifrada en 37.000 manifestantes- revela para Caballero que "xa é hora de que a sanidade en Vigo mellore".



Abel Caballero quixo facer un recoñecemento expreso aos profesionais sanitarios que convocaron a manifestación, que "defenden á cidade e aí sempre estará o alcalde de Vigo", e anunciou a súa presenza na concentración prevista para o próximo 24 de xaneiro

O alcalde participou na manifestación convocada polos profesionais sanitarios "para demandar mellor sanidade, mellor atención primaria e hospitalaria", unha saída "masiva" ás rúas de 37.000 persoas. Caballero agradeceu ao colectivo a súa defensa da sanidade pública viguesa e anunciou a súa presenza na concentración do 24 de xaneiro.

social youtube xornalgalicia   feed-image