Martinho Noriega non quere xente que se queixe en Santiago e como medida disuasoria ten pechada a OMIC (Oficina Municipal de Atención ó Consumidor) compostelá.

Información
Portada | 30 Junio 2017 | 9079 votos | Correo electrónico | Imprimir

 

 

Os cartos do Concello para viaxar Noriuega a Arxentina de turismo Institucional, os consumidores sen servizo;.- A Unión de Consumidores de Galicia, entidade sen ánimo de lucro que desde fai case tres décadas defende os intereses das persoas consumidoras desde a súa sede en Santiago de Compostela, quere transmitir a súa preocupación pola desatención da OMIC (Oficina Municipal de Atención ó Consumidor) compostelá, un servizo público que leva pechado máis de catro meses debido según din á baixa do técnico que a atendía.

 

 

Para esta organización, o feito de que unha cidade de case cen mil habitantes non dispoña dunha administración local que proporcione información sobre consumo e que tramite reclamacións e/ou denuncias é inadmisible. Nos últimos meses os habitantes de Santiago tiveron que facer fronte a problemáticas complexas como as cláusulas chan, os gastos hipotecarios, o imposto de plusvalía municipal, a compra do Banco Popular, os cortes de subministración eléctrica (especialmente no rural compostelá), etc... e o Concello non foi quen de dar unha resposta axeitada a esta situación nin de informar correctamente ós centos de persoas afectadas.

 

Por mor desta circunstancia, UCGAL -sen ningún tipo de apoio por parte do consistorio- ten que afrontar unha maior carga de traballo derivada da inactividade da OMIC e da falta dun programa informativo e de asesoramento con actuacións concretas dirixidas a velar pola seguridade e os dereitos das persoas consumidoras do municipio.

 

Malia que o pasado ano o pleno da corporación aprobou unha declaración institucional na que manifestaba o seu apoio para coas asociacións de consumidores radicadas en Compostela e o seu compromiso para seguir traballando pola defensa dos dereitos das persoas consumidoras, a realidade é ben distinta. Para esta entidade, a indiferenza deste Concello cara ás problemáticas que afectan ás persoas consumidoras agrava situacións que de ser tratadas a tempo e por profesionais do eido do consumo, non repercutirían negativamente nos habitantes deste municipio.

social youtube xornalgalicia   feed-image