"Marcos Valcárcel" acolle a mostra "Sobremesa", da artista ourensá Mar Ramón Soriano

Información
Ourense | 14 Septiembre 2018 | 1707 votos | Correo electrónico | Imprimir

  • A exposición, na que a autora reinterpreta o doméstico, foi inaugurada esta tarde polo vicepresidente da Deputación de Ourense, o director do Centro Cultural, e a propia artista.

O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense acolle desde hoxe unha nova mostra nas súas instalacións, trátase de "Sobremesa", obra da artista ourensá Mar Ramón Soriano, converténdose na primeira exposición da autora na súa cidade. A mostra foi inaugurada esta tarde no Centro Cultural polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do Centro Cultural, Francisco González; e a propia artista.

 

A mostra "Sobremesa", da que é comisaria a historiadora de arte Xisela Pastoriza, invita ao espectador a repensar o cotiá mediante a reflexión e a profunda observación de obxectos simples que empregamos a diario e que presentan complexidades que tenden a ser ignoradas ao pasar desapercibidas. A exposición poderá visitarse no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" ata o 14 de outubro.

social youtube xornalgalicia   feed-image