GONZALO CABALLERO INICIA A RECTA FINAL DA CAMPAÑA DE PRIMARIAS ARRASANDO EN A CORUÑA, LAGE TUÑAS E VALENTIN FORMOS DESAPARECIDOS

Información
Localidades de Galicia | 25 Octubre 2021 | 732 votos | Correo electrónico | Imprimir

cid ii kv712f5i1

Atribúe ao “nerviosismo” do outro candidato o feito de que “utilice argumentos máis propios do PP” na súa campaña, e chama a “encher as urnas de ilusión” o vindeiro sábado Atribúe ao “nerviosismo” do outro candidato o feito de que “utilice argumentos máis propios do PP” na súa campaña, e chama a “encher as urnas de ilusión” o vindeiro sábado 
25/Outubro/2021. Gonzalo Caballero inicia a recta final da campaña de primarias con sendos encontros coa militancia socialista en Cangas e na cidade da Coruña.


Nestes actos, Gonzalo Caballero pediu aos compañeiros e compañeiras “un apoio masivo” o vindeiro sábado “porque Galicia merece un PSdeG gañador”.
“Imos encher as urnas de ilusión”, proclamou o socialista, quen chamou a votar “en liberdade” e “pensando no mellor para o noso partido, que será o mellor para Galicia”.
“Para avanzar e non retroceder”, remarcou Gonzalo Caballero, apelando así a “impulsar un PSdeG forte, de esquerdas, feminista, ecoloxista e galeguista” e que é “a alternativa gañadora ao PP en Galicia”.
Neste senso, Gonzalo Caballero subliñou que o seu proxecto está concibido “para gañar dentro, coa militancia, para gañar fóra, coa cidadanía galega.
Asemade, o socialista valorou “a ilusión e o apoio crecente” que atopa na militancia de base, “a verdadeira protagonista” destas primarias; ao tempo que atribuíu ao “nerviosismo” do outro candidato o feito de que “utilice argumentos máis propios do PP” na súa campaña.

social youtube xornalgalicia   feed-image