Sánchez Bugallo agradece ao ex-alcalde Martiño Noriega e ao concelleiro Rafa Peña que se vayan da política tal e como ordenou a ciudadanía.

Información
Localidades de Galicia | 15 Julio 2020 | 2125 votos | Correo electrónico | Imprimir

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo expresou hoxe o seu respecto pola decisión que tomaron tanto o portavoz de Compostela Aberta e ex rexedor compostelá, Martiño Noriega; como o edil Rafa Peña, de renunciar aos cargos de concelleiros e á política activa. Sinala que, “sen lugar á dúbidas, desde o máximo respecto á decisión adoptada, sempre é unha mala nova que persoas como eles  se retieren da primeira liña”. Supón, engade, unha perda para a política galega. 

 

O rexedor agradece o labor que ambos desempeñaron estes anos ao servizo da cidadanía compostelá, e “pese ás diferencias que puideron existir, son dúas persoas que aportaron o seu traballo” pola veciñanza de Santiago. “Tiveron un papel moi relevante na nosa cidade, e deséxolles moito éxito nesta nova etapa que abren nas súas vidas”. 

Sánchez Bugallo non descarta que “calquera dos dous, ou os dous, volvan reanudar a súa actividade política nun momento determinado”, porque son “dúas persoas con vontade e capacidade política demostrada”. 

social youtube xornalgalicia   feed-image