A Presidenta de Navantia busca mais cartos públicos na Deputación de A Coruña para facer gratis as fragatas baixo cursos de formación

Información
Galicia | 05 Febrero 2019 | 3072 votos | Correo electrónico | Imprimir
 
González Formoso ofrece á presidenta de Navantia a colaboración da Deputación para formar os perfís profesionais que demandará a construción das fragatas F-110

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso reuniuse en Madrid coa presidenta de Navantia, Susana de Sarriá, á que ofreceu "a colaboración e a experiencia" da Deputación para financiar e impulsar unha serie de accións formativas específicas que contribúan a que as empresas poidan atopar con facilidade os múltiples e diversos perfís profesionais que requirirán os 8.000 empregos que se calcula que xerará a construción das fragatas F-110.

 

González Formoso destacou "a oportunidade histórica que supón que os buques máis modernos Armada vaian ser construídos en Ferrol" para "modernizar, mellorar a competitividade e reactivar definitivamente o sector da construción naval na comarca" e considerou que "este gran reto precisa do apoio e implicación de todas as administracións, da Armada, Universidades, sindicatos, colexios profesionais...que todos poñamos o noso grao de area, a nosa experiencia e coñecemento para que sexa un éxito".

A presidenta de Navantia, Susana de Sarriá, detallou ao presidente provincial que, entre outros avances, os novos buques serán os primeiros da Armada en contar cun xemelgo dixital en terra, tecnoloxía big data e de realidade aumentada ou sistemas integrados de ciberseguridade.

Como xa lle trasladara á ministra de Defensa, Margarita Robles, na súa recente visita a Ferrol, o presidente provincial considerou que a carga de traballo, estimada en 8.000 empregos para a vindeira década, "suporá unha oportunidade laboral para numerosas persoas de moi diferentes perfís e especialidades profesionais", polo que mostrou a disposición da Deputación a "subministrar a ampla experiencia acumulada pola administración provincial no ámbito da xestión e coordinación de programas de formación e capacitación profesional".

Nos últimos anos, preto de 2.000 persoas da provincia melloraron a súa formación e o seu perfil profesional a través das accións formativas impartidas nos diferentes proxectos que executa a Deputación da Coruña.

social youtube xornalgalicia   feed-image