Ruíz Miguel, “a ignorancia sobre un territorio e o papel que xogou España en todo o proceso fallido de descolonización"

Información
Galicia | 16 Diciembre 2018 | 2934 votos | Correo electrónico | Imprimir


Alberto Maestre, autor da publicación

O Centro de Estudos sobre o Sáhara Occidental da USC (CESO) organizou a presentación en Dereito este mércores do libro de Alberto Maestre Un pueblo abandonado. Los engaños en la descolonización del Sahara Occidental.



O autor agradeceulle ao profesor Carlos Ruiz Miguel, director do CESO, as súas achegas científicas, de gran valor para a tese doutoral que deu orixe a este libro, que xa se presentara en Barcelona e no Senado en Madrid

No debate que seguiu á presentación constatouse a escasa información que existe en xeral sobre o tema saharauí e o seu conflito e como isto inflúe na súa non resolución. En opinión de Ruíz Miguel, “a ignorancia sobre un territorio que foi considerado unha provincia española máis ata 1975 e sobre o papel que xogou España en todo o proceso fallido de descolonización, onde primaron as súas relacións bilaterais co seu veciño marroquí en vez de continuar pola senda da legalidade internacional, fai que nos sexa difícil entender as relacións hispano marroquís”. “Para Nacións Unidas –lembra o profesor da USC- o Sáhara Occidental segue estando pendente de descolonizar e considera a España a potencia que o debe administrar”.

social youtube xornalgalicia   feed-image