Minerva incorpora os fondos do arquivo vivo arredor das mobilidades e producións artísticas xurdidas coa catástrofe do Prestige

Información
Galicia | 29 Noviembre 2018 | 3255 votos | Correo electrónico | Imprimir

O repositorio institucional da USC, Minerva, acaba de incorporar aos seus fondos un Arquivo Vivo das mobilizacións cidadáns e as producións artísticas e culturais xurdidas arredor da catástrofe do petroleiro Prestige. Este Arquivo conforma unha das iniciativas do proxecto ‘Unha Gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige [2002-2019]’. Ademais da súa consulta a través do repositorio dixital, o arquivo estará depositado en réxime de comodato en formato físico na Biblioteca Xeral da USC.



Actualmente, o Arquivo Vivo está nutrido por diferentes fondos bibliográficos e documentais cedidos por Difusora de Letras, Artes e Ideas e pola Asociación Cultural Benito Soto (paraugas legal da Plataforma Contra a Burla Negra). Dende a Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra manteñen aberta a posibilidade que todas as persoas interesas en continuar este Arquivo Vivo fagan as súas achegas a través da plataforma web da Asociación (http://unhagranburlanegra.gal/arquivo-vivo/). Esta colaboración quedou formalizada nun convenio asinado a mediados de mes entre a USC e a Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra.

 

 

social youtube xornalgalicia   feed-image