“O proxecto de Feijóo xa está agónico”, remarcou Gonzalo Caballero en relación aos servicios sociais e atención a ciudadanía galega.

Información
Galicia | 09 Noviembre 2018 | 2527 votos | Correo electrónico | Imprimir

 

GONZALO CABALLERO DESTACA A IMPORTANCIA DO MOVEMENTO VECIÑAL PARA CONFORMAR “UNHA GRANDE ALIANZA SOCIAL” COA QUE DAR “UN CAMBIO A GALICIA”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, protagonizou este xoves unha conferencia-debate organizada polo Foro Cívico de Vigo, na que destacou a importancia do movemento veciñal na tarefa de conformar “unha grande alianza social” que permita “dar a Galicia o cambio que necesita”.

 

Neste contexto, o líder dos socialistas galegos sinalou a relevancia de escoitar as “inquedanzas” dos cidadáns e das cidadás, coa idea de “non resignarse a ter un país cada vez máis cativo” e con menos opción de futuro.

“O proxecto de Feijóo xa está agónico”, remarcou Gonzalo Caballero, non sen antes apuntar que hoxe Galicia ten uns servizos públicos “de peor calidade”, uns sectores produtivos “máis débiles” e menos oportunidades de traballo, así como un emprego “de peor calidade”.

“Temos motivos para pedir aos galegos e ás galegas que se comprometan co noso proxecto”, engadiu o máximo dirixente do PSdeG, partidario de construír “unha Galicia distinta, de futuro”.

social youtube xornalgalicia   feed-image