Podemos Galicia pronunciouse este xoves tras coñecer a investigación por parte da Unidade de Delitos Económicos e Fiscais da Policía Nacional (UDEF) ao director de “El Correo Gallego”, José Manuel Rey Novoa, relacionado con varios delitos, entre eles de blanqueo de capitais. A investigación céntrase nas maniobras que levou a cabo durante o mandato de Feijóo e en medio dunha crisis financieira do xornal, que recibía cartos públicos que non se inxectaban nas contas da empresa para subsanar a situación, senón que, segundo apuntan as pesquisas, remataban nos petos dos directivos. (María del Mar Sánchez Sierra tenía profundas relacioens y adjudicacioens con El Correo Gallego a pesar de tener deudas con la Xunta..+)
Feijóo e Rueda deben dar explicacións sobre as operacións concedidas a unha empresa de dubidosa solvencia e que, segundo parece, tiña débedas con facenda, Seguridade Social e impagos continuados das nóminas dos traballadores e traballadoras.
Con todo o respecto á investigación en curso, Podemos incide en que é preciso aclarar por que se lle concederon eses créditos que finalmente parece que se empregaron para protexer o patrimonio familiar e non á empresa. Semella que os mecanismos de avaliación dos riscos e os de fiscalización do destino dos créditos fallaron. Tería acontecido isto se a empresa non se tratara deste medio de comunicación?
Ademais, é escandaloso e propio do PP que se comercialice desta maneira cos dereitos dos traballadores e traballadoras da CRTVG para facer negocio e para beneficiar a uns poucos.
Vai a abrir a súa propia investigación a Xunta para esclarecer o acontecido e depurar responsabilidades políticas? Que vai facer para que isto non volva a acontecer e os cartos das entidades dependentes da Consellería se dediquen estritamente a protexer o tecido económico e produtivo galego? Podemos esixe transparencia, rigor e declaracións, o antes posible, dos responsables primeiros da Xunta de Galicia.