FEIJÓO CONCEDEULLE A XESTIÓN DE CABEZA DE MANZANEDA A UNHA EMPRESA RELACIONADA CON SOCIEDADES PANAMEÑAS IMPLICADAS EN CASOS DE CORRUPCIÓN INTERNACIONAIS

Información
Galicia | 05 Marzo 2021 | 2341 votos | Correo electrónico | Imprimir

Benvido a Tribuna de Galicia, un medio de comunicación que ten como sentido  da súa existencia un sinxela pero poderosa razón: contar a verdade. - Xornal  Galicia participa de la extradicción deJuan Carlos Francisco lembra que o goberno galego lle entregou a xestión de Meisa á empresa Artabria, constituída hai dez meses, polo procedemento negociado sen publicidade “de xeito escuro e sen a máis mínima transparencia”

Santiago de Compostela, 05 de marzo de 2021. O portavoz de Economía do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, deu a voz de alarma hoxe no Parlamento ao revelar que a Xunta ten concedido a xestión da Estación de Esquí de Cabeza de Manzaneda a unha empresa relacionada con sociedades radicadas en Panamá e relacionadas con importantes casos de corrupción internacionais.

Juan Carlos Francisco interveu no debate dunha pregunta oral na Comisión de Economía, na que alertou das implicacións da concesión da xestión de Meisa, o pasado 31 de decembro, a unha empresa creada hai 10 meses, Artabria Turismo S.L., sen experiencia no sector. Ademais, sinala que a concesión foi realizada polo procedemento negociado sen publicidade, ou o que é o mesmo, “sen concurso público, dun xeito escuro e carente da máis mínima transparencia”.

O responsable socialista sinalou que, “fozando no Rexistro Mercantil”, é posible coñecer que a dita empresa pertence a 2 socios a través doutra sociedade intermedia, Cardagal Gestión S.L., que “forma parte dun conglomerado de sociedades radicadas en Panamá”. Naquel país centroamericano, os socios da sociedade adxudicataria “teñen un conxunto de sociedades nas que interveñen como directivos persoas imputadas” en diversos casos.

O rosario de causas inclúen, segundo explicou Francisco, “branqueo de capitais, transferencia ilícita de fondos ou casos de corrupción internacional como o relacionado coa empresa brasileira Odebrecht, corruptora de toda latinoamérica e parte do estranxeiro”.

A dita empresa suscitou en 2016 a investigación co mesmo nome por parte do departamento de Xustiza dos Estados Unidos por subornos a presidentes, ex presidentes e funcionarios de 12 países do continente durante os últimos 20 anos.

Juan Carlos Francisco amosou a súa preocupación sobre o coñecemento desta situación por parte da Xunta, que “entendo que descoñecía, polo que sería bo que cando se adxudiquen este tipo de contratos se faga unha valoración efectiva do obxecto social das empresas adxudicatarias”. Recomendoulle ao goberno galego que “revise as escrituras de constitución destas sociedades e o seu vencello con feitos de corrupción”.

Criticou así a facilidade coa que o goberno galego fixo a concesión da xestión da Estación, logo dunha deriva convulsa nos últimos anos, e advertiu que “ter algún hotel ou casas en Panamá non habilita como experiencia de ningún tipo para xestionar unha estación de esquí e desestacionalizala para outros usos deportivos ou de ocio para que funcione, manteña o emprego e as comarcas poidan ter o dinamismo económico que merecen”.

social youtube xornalgalicia   feed-image