PIDE EXPLICACIÓNS A MEDIO RURAL SOBRE AS ACTUACIÓNS XUDICIAIS QUE SE ESTÁN A LEVAR A CABO NO CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE “POR PRESUNTA CORRUPCIÓN”

Información
Galicia | 21 Octubre 2020 | 2329 votos | Correo electrónico | Imprimir

Carmen Dacosta lamenta que “pese ás investigacións abertas” o xerente do CTC, que xa fora director xeral de Medio Rural coa Xunta do PP, continúe no seu cargo

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2020. A portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, Carmen Dacosta, pediu hoxe explicacións ao conselleiro sobre as actuacións xudiciais que se están a levar a cabo no Centro Tecnolóxico da Carne “por presunta corrupción”. Neste senso, alertou ao conselleiro de que, “se non da explicacións, será cómplice e responsable político se a investigación xudicial da como resultado a imputación e posterior condena dalgún dos investigados”. Dacosta realizou a pregunta durante a sesión do Pleno do Parlamento.

 

Anxeles Vazquez "amaña" 15.000 euros do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento para que o fillo de Rosa Quintana monte unha granja de xatos no Concello de ordes (Gobernado polo PPdeG)...+

A responsable socialista instou á Xunta a analizar e explicar o que está acontecer na fundación, “dirixida por un patronato e un protectorado formado por membros da Consellería de Medio Rural”, logo de coñecer o pasado 27 de setembro unha nova operación policial na que se procedeu “a chamar ante á xustiza e á posterior posta en liberdade de máis de media docena de persoas ligadas ao centro”.

A responsable socialista lamenta que a fundación estea novamente “baixo sospeita”, xa que lembrou que en 2017 se abriu “unha investigación xudicial con intervención da unidade de delincuencia especializada (UDEV) e a Comisaría de Policía de Ourense, co fin de esclarecer presuntas irregularidades na xestión do CTG”. Dacosta recordou que na citada causa se investigan a “presunta comisión de posibles delitos de prevaricación, falsidade documental e malversación de fondos públicos durante os últimos anos”.

Dacosta lamentou que a Consellería de Medio Rural non dera “nese momento” explicación algunha ao respecto, “cando un sindicato reclamara xa un ano antes a Medio Rural que abrira un expediente de investigación interna”. Así, se laiou de que pese as “prácticas administrativas e contables baixo sospeita de corrupción”, a Consellería non dixo “nin mú”.

Por último, a responsable socialista instou á Xunta a “achegar valor engadido ao sector da investigación do medio rural” porque os datos “demostran o abandono sistemático do sistema investigador e unha mercantilización de todo o que vostede toca”, en alusión ao conselleiro.

social youtube xornalgalicia   feed-image