O Goberno de Feijóo deixa sen o recoñecemento médico obrigatorio os mariñeiros/as da Costa da Morte

Información
Galicia | 10 Octubre 2020 | 3015 votos | Correo electrónico | Imprimir

A cuenta de una desgracia para Galicia... no se persigue el furtivismo ,se  aprovecha por unos listillos y Mar Sanchez Sierra hace propaganda para su  persecución. - Xornal Galicia

A inactividade do servizo de sanidade marítima do centro de Corcubión dende hai case tres  meses e a saturación da atención no ISM da Coruña están a provocar situacións desesperadas para os mariñeiros e mariñeiras da zona da Costa da Morte, que están a ver como lles caducan os recoñecementos médicos e non poden solicitar cita para renovalos até o próximo ano.

 

Ter o recoñecemento médico actualizado é un requisito obrigatorio para poder traballar, polo que os/as mariñeiros/as a quen lle caduca non poderán saír faenar, xa que Capitanía Marítima non lles deixará embarcar até que o ISM lle volva facer a revisión. A CIG vén demando dende hai meses que se cubra a baixa do médico titular da oficina de Corcubión para poder dar un servizo de sanidade marítima adecuado ás máis de 1400 persoas que dependen del e evitar este tipo de problemas.

A inactividade do centro supón que os traballadores e traballadoras se teñen que desprazar até A Coruña para realizar calquera xestión, pero ademais do gasto e a perda de tempo, isto implica unha saturación do servizo provincial, a tal punto que neste momento o sistema non permite solicitar cita médica até o próximo ano.

Dotación dos recursos necesariosBlue Star: El "truco del almendruco" o negocio del "caiga quien caiga" y  sea el buque que sea, lo importante es que quede a la deriva y sin control  y a mayor

Diante esta situación insostíbel, a CIG esixe do Ministerio de Seguridade Social que cubra de inmediato a praza de Corcubión e dote de todos os recursos humanos e económicos necesarios ao Instituto Social da Mariña para garantir unha adecuada atención. "O que non pode ser é que por unha cuestión puramente de aforro nun servizo público, os mariñeiros e as mariñeiras non poida saír traballar e se lles condene á miseria e a ver reducidas as súas pensións para quen está a piques de xubilarse", denuncia Manuel Camiño, secretario comarcal da FGAMT-CIG da Coruña.

Camiño lembra que na reunión mantida coa responsábel provincial do ISM, esta non só non atendeu a petición para dotar de médico a oficina de Corcubión, senón que mesmo deixou entrever a intención de pechar o centro para ir a unha privatización destes servizos.La Conselleira do Mar Rosa Quintana tiene a disposición un "funcionario" en  la Ría de Arosa con coches oficiales camuflados para "presuntos favores a  altos cargos del PPdeG" de mariscos decomisados. -

Á vista desta situación, a CIG abordará co persoal afectado as medidas a desenvolver sen descartar a convocatoria de mobilizacións para evitar o peche do centro e esixir unha oferta pública de emprego para repor o persoal médico do ISM, en condicións dignas e estábeis, de  maneira que se garanta  a continuidade do servizo e unha atención próxima e de calidade ás persoas que traballan no mar.

 

O Mar que nos Move financiado con fondos europeos compite ...

xornalgalicia.com › Xunta Galicia

21 sept. 2019 — La actualidad y Noticias de Galicia desde la primera hasta la última noticia en el Xornal de Galicia la nueva información.

O mar que Nos Move, Rosa Quintana participó de un ...

xornalgalicia.com › Galicia

2 oct. 2020 — La actualidad y Noticias de Galicia desde la primera hasta la última noticia en el Xornal de Galicia la nueva información.

 

social youtube xornalgalicia   feed-image