Pablo Arangüena denuncia a CONNIVENCIA LETAL de Feijóo e boas amigas de Feijóo con privilexios nas inspeccións da Xunta nas residencias DOMUS VI de Chefi e Perly .

Información
Galicia | 16 Junio 2020 | 3439 votos | Correo electrónico | Imprimir

Pablo Arangüena, un candidato socialista con vena de parlamentario ...

CONNIVENCIA LETAL. O Sr. Feijóo di que o das residencias é culpa do Goberno, a pesar de que o Goberno nunca tivo competencias na xestión das residencias, mandou a UME a facer o que podían (desinfectar) e a competencia na materia leva décadas en mans da Xunta e nunca lle foi retirada nin o Goberno ten medios para facerse cargo dela. Obviamente, a Feijóo non lle interesa que se coñeza a súa ABSOLUTA CONNIVENCIA CO GRUPO DOMUS VI, un imperio xeriátrico á sombra do PP de Galicia e do propio Feijóo. Domus Vi é o primeiro grupo xeriátrico de Galicia e de España. Ten sede en Vigo. Comprou o negocio xeriátrico das nosas caixas de aforros. Obtén ENORMES BENEFICIOS EN GALICIA a costa da explotación das traballadoras ("semiescravitude", nos contaron) e de incumplir sistemáticamente a lei e os ratios de persoal. A pesar do informe do Consello de Contas de 2017, a Xunta fai SEMPRE a vista gorda, non sanciona, cando inspecciona a empresa está avisada (según nos contan as representantes das traballadoras e familiares de usuarios) e a previsión da que presume Feijóo na pandemia foi total e absolutamente inexistente. A muller do presidente do Parlamento de Galicia (moi destacada militante do PP de Galicia) está no comité ético do grupo e nas residencias de Domus Vi tivo lugar aproximadamente o 25% das mortes por coronavirus en Galicia. A Josefina Fernández, a Conselleira Delegada do grupo e boa amiga de Feijóo e Corina Porro, déronlle dous premios en Galicia, un da man do propio Feijóo e outro da do conselleiro de Industria. Abaixo, as fotos dos dous premios. AGRADÉCESE MOITO A DIFUSIÓN PORQUE É UN AUTÉNTICO ESCÁNDALO.

 

 
social youtube xornalgalicia   feed-image