As granxas de leite galegas perderon 160 millóns de euros en 2019 por vender por baixo dos custes de produción ante un Feijóo impasible e unha Mar Sánchez dilapidando recursos en fake news de publicidad

Información
Galicia | 11 Mayo 2020 | 2751 votos | Correo electrónico | Imprimir

chiringuitodequesoymielesfondoseuroepos2Un informe do Ministerio de Agricultura fixa en 39 céntimos o prezo medio mínimo do leite para que unha granxa galega non teña perdas, moi lonxe dos 32,3 céntimos que cobran hoxe

 

El Gobierno de Feijóo esta gastando el dinero público del paritorio de Verín, a través de Mar Sánchez Sierra en chiringuitos de "catas y mieles" 76.000 EUROS EN QUESOS y no hay para mantener el paritorio de Verín..+

Mar Sánchez Sierra envía GRELOS, VINO Y LECHE, CHORIZOS en forma ...O Estudo de Custes e Rendas das Explotacións Agrarias (Ecrea) do sector lácteo correspondente ao ano 2017 fixa en 39 céntimos o custe medio para producir un litro de leite de vaca nunha granxa galega, un valor moi afastado dos 32,3 céntimos que cobraron as nosas granxas en marzo1. Se utilizásemos este custe de produción, que se incrementou nos últimos anos, e calculamos o diferencial do que perderon as nosas granxas por non ingresar eses cartos, só en 2019 o sector lácteo galego deixou de ingresar case 160 millóns de euros (159.596.767 €), o que supón unha media de máis de 13 millóns de euros por mes (13.299.730 €)2.

Diante dunha situación de pura extorsión no sector lácteo, no que segue sen existir a negociación entre as partes e a industria impón sistematicamente uns prezos por baixo dos custes de produción; e no que as Organizacións de Produtores (OPLs) non serven para nada; o Sindicato Labrego Galego está a estudar a posibilidade de denunciar estes feitos diante da Axencia de Información e Control Alimentarios (Aica) e, eventualmente, valorar as posibilidades de éxito dunha demanda xudicial semellante á que xa está en marcha contra o cártel do leite. De feito, a obriga das granxas a vender por baixo de custe, feito que certifica o Ecrea, podería facer incorrer en fraude a maioría dos contratos asinados por non cumprir a cláusula dos custes de produción.

300 € DE PERDAS POR VACA DE MEDIA EN 2017Mar Sánchez Sierra envía GRELOS, VINO Y LECHE, CHORIZOS en forma ...

A denuncia diante da Aica basearíase, precisamente, no Ecrea, cuxos resultados de 2017 se deron a coñecer recentemente. Trátase dun informe oficial do Ministerio de Agricultura, realizado pola pola Subdirección Xera de Análises, Coordinación e Estatística. No caso galego, analizáronse 64 explotacións de leite. O resultado foi que o custe de produción medio é de case 39 céntimos por litro, sendo o beneficio da actividade negativo, de -3'3 céntimos por litro. Esta actividade ruinosa e con perdas quedaría compensada polas axudas desacopladas, que deixarían un beneficio final de 1 céntimo por litro. Se quitamos as axudas da ecuación, cada granxa tería unhas perdas de preto de 300 € por vaca (-299'08 €).

Dende o Sindicato Labrego Galego cremos que este informe ten a suficiente solvencia e credibilidade, ademais da gravidade que expresan os seus datos, como para denunciar estes feitos diante da Aica por estar as industrias impoñendo uns prezos ruinosos, artificialmente baixos, amparándose en que as granxas subsisten grazas ás axudas públicas que se pagan cos cartos de todos e de todas.

Ademais, a día de hoxe todo segue igual, xa que os contratos que a industria está a impoñer para a seguinte campaña marcan uns prezos semellantes aos actuais, moi lonxe dos 39 céntimos de media que custa producir un litro de leite de vaca na Galiza.

social youtube xornalgalicia   feed-image