Gómez Reino insta a Feijóo a que aclare a situación das residencias galegas que investiga a Fiscalía

Información
Galicia | 24 Abril 2020 | 2498 votos | Correo electrónico | Imprimir

lasprotegidasdelpresidente

O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas insiste na necesidade de intervir e medicalizar os centros de maiores para garantir as vidas de quen viven e traballan neles. do que Fechi e Perly saben un montón....
 O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino instou hoxe ao presidente popular, Alberto Núñez Feijóo, a que aclare a situación real das residencias de maiores do país, logo dun novo repunte no número de falecidos que supoñen o 46% do total de vítimas da epidemia de Covid-19 en Galicia.“O que está a suceder nas residencias galegas é indignante. Levamos semanas pedindo á Xunta que as medicalice e interveña porque sabemos que está en risco as vidas das persoas que viven e traballan nelas.

 

Resulta intolerable que despois de máis dun mes de reclamar a axuda e medios á Xunta, as familias dos usuarios de residencias non teñan outra saída que recorrer aos tribunais. Feijóo ten a obriga de explicar á cidadanía por que non fixo nada en todo este tempo, cando coñecía perfectamente o que estaba a suceder”.Gómez Reino lembrou que a Fiscalía está investigando o acontecido na residencia ourensá Nuestra Señora de la Esperanza, tras a denuncia dunha particular pola xestión dese centro, no que faleceron vinte usuarios.

Na denuncia apúntase directamente a Feijóo, ademais dos conselleiros de Sanidade e Política Social e outros altos cargos da Xunta e da dirección do centro. Alí, os familiares de usuarios denuncian unha redución da plantilla a menos dunha cuarta parte dende o 22 de marzo, así como a falta dun equipo de persoal médico e de enfermaría residente, tal e como lle trasladou o pasado luns unha das integrantes dese colectivo, María Rodríguez, ao voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas.

A coalición tamén quixo hoxe subliñar o malestar que veñen manifestado os profesionais da Atención Primaria, que logo dunha década de recortes que minoraron os seus recursos un 21%, teñen enriba o peso de sacar adiante un estudo epidemiolóxico con miles de chamadas telefónicas a 100.000 galegos cando a situación sanitaria demanda enfocar as súas capacidades en conter a pandemia.

“Un dos maiores problemas da sanidade galega ante a crise da Covid-19 foi a fraxilidade do sistema de Atención Primaria, que durante os anos de Goberno de Feijóo padeceu recortes orzamentarios do 21%. Pretender agora, en plena epidemia, sobrecargar ás profesionais da Atención Primaria coa responsabilidade dun macroestudo epidemiolóxico é unha insensatez.

Teñen que estar adicadas a salvar vidas e a frear a expansión do virus, e sobrecargalas de traballo pon en perigo a súa capacidade para facelo “, dixo Gómez Reino.“Xa non é que o digamos nós. E que a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec) ven de denunciar este despropósito: o malgasto de persoal e tempo nun estudo de seroprevalencia cando as prioridades sanitarias agora mesmo deberan ser outras.

Volvemos reiterar: a Xunta ten que actuar con responsabilidade e tomar medidas mais alá de usar estudos como propaganda”, indicou. Por último, Gómez Reino amosou hoxe a particular preocupación de Galicia en Común-Anova Mareas polos datos que indican un repunte da incidencia mortal da Covid-19 entre os usuarios das residencias de maiores que se sitúa no 46% das vítimas totais en Galicia.

social youtube xornalgalicia   feed-image