Os consumidores galegos ALERTAN A CIUDADANÍA para que teñan cuidado co BBVA xa que consta que reclamáballe máis de 1.300 € a unha muller que nunca foi usuaria da entidade.

Información
Galicia | 24 Abril 2019 | 2656 votos | Correo electrónico | Imprimir

Unha débeda de máis de 1.300 euros co BBVA, entidade bancaria da que nunca fora cliente, levou a unha socia da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) a figurar nun ficheiro de morosos, situación que descubriu ao solicitar un préstamo noutro banco. A orixe da suposta débeda era unha tarxeta de crédito na que esta asociada constaba como titular.

 

Desde UCGAL procedeuse a tramitar a correspondente reclamación para que a afectada deixara de figurar no ficheiro de solvencia patrimonial e solicitouse tamén a cancelación da débeda tendo en conta, primeiro, que nunca mantivo relación co BBVA na condición de usuaria e, segundo, que non recibiu comunicación algunha sobre a suposta débeda e a súa posterior inscrición no ficheiro de morosos.

O traballo desta entidade demostrou non só que a asociada nunca tivera relación comercial co banco, senón que, ademais, os datos recollidos no ficheiro non coincidían plenamente cos desta persoa.

Finalmente, acadouse o obxectivo pretendido coa reclamación. Por unha banda, o BBVA deuna de baixa do ficheiro de solvencia patrimonial e, por outra, cesou no seu empeño de cobrar a débeda.

Ante a gravidade dos feitos, UCGAL prepara a interposición dunha demanda por danos e prexuízos; procedemento que recomenda para estes casos dada a angustia e as consecuencias administrativas que se xeran pola inclusión inxustificada nun ficheiro de morosos. Situacións como esta están á orde do día. Por iso, é importante e pertinente buscar asesoramento en entidades de referencia como a Unión de Consumidores de Galicia para saber como proceder nestes casos.

social youtube xornalgalicia   feed-image