Gómez Reino: “O verán en Galicia vén a demostrar que Feijóo desmantelou a sanidade pública”

Información
Sergas | 05 Julio 2022 | 920 votos | Correo electrónico | Imprimir

Xornal Galicia | La democracia muere con la perdida de la Libertad de  Expresión..Podemos Galicia denunciou este martes a situación da sanidade pública galega que se repite á chegada do verán: a falta de persoal agrava unha sobrecarga de traballo que xa é preocupante ao longo de todo o ano pola incapacidade do Sergas de asumir unha das súas competencias. 

 

Como veñen de facer públicas asociacións en defensa da sanidade pública hai exemplos que amosan as consecuencias deste sistema, como é a redución do persoal facultativo nun 66% e nun 50% de enfermería na área sanitaria de Ourense. En Sanxenxo, unha zona que duplica a poboación polo turismo, non se cubrirán as vacacións de enfermería nin de pediatría no Centro de Saúde e PAC; nin en Vilagarcía de Arousa no centro de San Roque, onde só hai un médico e esperas de ata tres horas. Isto esténdese tamén para as revisións dos recentemente nados, xa hai casos de pais que tiveron que recorrer á privada posto que o Sergas non lles atende na primeira revisión dos bebés.

 “Vemos como vilas gobernadas polo PP desprezan os servizos públicos cando máis se necesitan”, sinala o coordinador de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino.

Tras unha longa pandemia e cunha situación económica agravada pola guerra con Ucraína, o PP de Galicia segue a minguar a calidade asistencial para as galegas que, nun contexto económico tan difícil, vense obrigadas a recorrer á sanidade privada. “Era o propósito de Feijóo e Rueda persistirá nel, non nos cabe dúbida. Só temos que mirar os datos das comunidades nas que goberna o PP e o que opinan de reforzar os servizos públicos”, declaran dende a formación. 

Hoxe apróbase no Consello de Ministros un decreto que restrinxe o recurso de persoal temporal na sanidade, un dos grandes problemas do Sergas e principal fonte de protestas dos sanitarios e sanitarias no noso país, para impulsar a creación de prazas fixas. “Sentímonos orgullosas dun Goberno do que Unidas Podemos forma parte que aproba medidas para protexer a sanidade da que se van a beneficiar as galegas”, defende Gómez Reino.

“O verán en Galicia vén a demostrar co colapso sanitario que Feijóo desmantelou a sanidade pública e iso vai a levalo á dirección do Partido Popular, porque non gobernan para o conxunto da cidadanía, non pensan nas persoas con menos recursos nin nas dificultades das familias no día a día. Por iso defenden os intereses privados e tenden a man a empresas, amigos e familiares para que tiren pola borda o gran potencial que podería ter a nosa sanidade”.

social youtube xornalgalicia   feed-image