Análise e valoración DOS orzamentos do SERGAS 2022:
Dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, consideramos que a pesar da pandemia e os problemas de saúde acumulados na mesma, debe exixirse con urxencia as autoridades sanitarias , un esforzo extraordinario para inverter dende o SERGAS, pero vemos que só ten previsto incrementalo nun 0,2%, de 4.485 millóns a 4.494 para o ano 2022.
1.- Prosegue o desmantelamento da Atención Primaria, a pesar dos problemas de acceso da poboación aos Centros de Saúde, sometida a graves limitacións para as consultas presenciais, hexemonía das consultas telefónicas, colas e listas de espera que superan os 10 días ou máis, en moitos lugares.
- · Orzamento de Atención Primaria descende un do 13,7% ao 13,4 (un 2% menos), afastándose aínda mais do obxectivo do 25% do gasto total esixido por todas as organizacións profesionais galegas e estatais.
2.- En Atención Hospitalaria non esta previsto ningún plan urxente para reducir as listas de espera acumuladas na pandemia. É urxente aumentar a actividade cirúrxica, as probas diagnósticas e as primeiras consultas, para combater o aumento da mortalidade evitable (aínda que se maquillen os pacientes que esperan diagnósticos e tratamentos):
- · O gasto hospitalario público mantense no 66%. O ano pasado creceu un 10% e este ano un 0%.
3.- Crece o gasto farmacéutico, en beneficio das multinacionais farmacéuticas:
- · O gasto farmacéutico extra hospitalario (farmacias AP) crece nun 1,2%.
- · O gasto farmacéutico hospitalario crece nun 20,4%
4.- Non se reforzan os recursos destinados a detectar e combater novas pandemias como a COVID-19:
- · A Prevención e Promoción da Saúde (loita conta epidemias) recibirá un ridículo 0,3% do total, sen experimentar ningún aumento.
5.- Non parece haber vontade para formar e mellorar ao persoal sanitario, a pesar das graves deficiencias actuais:
- · A formación do persoal mantense nun exiguo 1,3% .
As prioridades anunciadas por Feijoo, céntranse en reducir impostos aos mais ricxs (renda, patrimonio, herdanzas) e crear unha nova Área Sanitaria Virtual baseade na compra de material tecnolóxico e no acumulo de información (Big Data) para favorecer ás multinacionais.
O SERGAS non ten previsto nada novo para acabar co desastre da AP ou coas listas de espera, pollo que a poboación está a recorrer ao sector privado, que ten peores recursos e que oferta seguros a prezos incompatibles co unha atención de calidade mínima.
A política sanitaria de Feijoo, sigue desmantelando a AP e financiando a privatización. Non o permitamos.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública