Negocio de fondos FEDER a vista entre a Xunta de Galicia e o Concello de Carballo para a prevención e loita contra os incendios forestais, que conveniarían sen os lumes...?

Información
Lumes | 30 Julio 2019 | 18199 votos | Correo electrónico | Imprimir
Imaxe de arquivo dun incendio forestal

Imaxe de arquivo dun incendio forestal

A prevención e a loita contra os incendios forestais constitúen un obxectivo común de todas as Administracións, e nesa liña enmárcase o convenioentre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Carballo aprobado hoxe pola Xunta de Goberno Local. O documento establece os compromisos adquiridos por cada Administración neste ano 2019 e establece os labores concretos que abrangue o acordo no noso concello.

 

Deste xeito, o Concello comprométese a manter durante tres meses un equipo formado por 1 motobomba e unha brigada composta por 5 operarios (o proceso selectivo rematou a semana pasada), que será o encargado de realizar tratamentos preventivos de xeito mecanizado en 200 hectáreas e de xeito manual noutras 10. A Consellería do Medio Rural achegará con esa finalidade unha partida de 67.559,62 euros, dos cales 37.270 proceden dos fondos FEADER.

social youtube xornalgalicia   feed-image