NOTA DE PRENSA
Diante do anuncio de Mato, en plenas festas, da aprobación do plan de reparcelación do Sánchez Aguilera por parte da Xunta de Goberno Local, desde Ligando manifestamos a nosa oposición ao convenio con Defensa así como a necesidade de suspensión do PERI por consideralo un novo macropelotazo urbanístico, o que nos retrotrae ao "caso Lema" e a creba do anterior goberno bipartito.
Se o PSOE asume o modelo de cidade do PP, entón un dos dous está de máis.
En Ligando consideramos escandaloso que se proxecten nada menos que 90.000 metros cadrados para usos comerciais e residencias cando cada día se pechan comercios locais e batemos récords en vivendas deshabitadas. Recordamos que só se adicaría o 20% da superficie a espazos libres e zonas verdes.
É que o PSOE considera este convenio entre as súas accións para aumentar a resiliencia fronte ao cambio climático ou é que esqueceu ese pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía?
En Ligando defendemos a creación dun pulmón medioambiental e cultural nese espazo privilexiado, aberto á cidadanía e que comunique barrios facilitando a mobilidade ecolóxica.
Iolanda Teixeiro Rei
Portavoz de Ligando Ferrol