As traballadoras das Galiñas azuis e demais servizos do Consorcio de IeB lamentan a nula vontade política para evitar a folga que paralizará os servizos no inicio do curso escolar

Información
Hoy es noticia | 22 Agosto 2022 | 1206 votos | Correo electrónico | Imprimir

A folga que afectará ás Galiñas Azuis, centros de día, residencias e demais servizos do Consorcio Galego deA folga que afectará ás Galiñas Azuis, centros de día, residencias e demais servizos do Consorcio Galego deIgualdade e Benestar está lonxe de evitarse. As traballadoras lamentan a nula intención política de negociarpara evitar a parálise dos servizos que afectarán a máis de 5.000 familias en Galicia e acusan ás autoridadesdo ninguneo a uns servizos dos que non son usuarias.

No manifesto, publicado na páxina da CNT Galiza e nas redes sociais denuncian un desmantelamentoencuberto, "O proceso selectivo que se está a negociar, non busca a estabilización do persoal edesmantelará os equipos de traballo. O resultado será a perda de capital humano, algo insubstituíble, eredundará na diminución irremediable da calidade do servizo".En dúas semanas arrancará unha folga que afectará gravemente aos períodos de adaptación dos nenos enenas que van por primeiro ano á escola, tamén ás rutinas das máis de 500 persoas maiores que fan uso dosservizos do Consorcio.

A folga estenderase dende o 5 ao 16 de setembro, do 3 ao 14 de outubro, do 2 ao 11de novembro e do 12 ao 23 de decembro.No manifesto publicado polas traballadoras lembran tamén os puntos a negociar para acadar a resolucióndefinitiva dun conflito que leva máis de catro anos na axenda, pero que ninguén parece ter vontade desolucionar. "As mulleres do Consorcio vémonos obrigadas a seguir adiante cunha folga durísima, queconvocamos en xullo, e coa que queda en evidencia a absoluta indiferenza que mostran ante esta situaciónos seus responsables: Sr. Rueda, Presidente da Xunta de Galicia, Sra. Fabiola García, Conselleira de PolíticaSocial, Sr. Barreiro, Director Xeral de Función Pública e Sr. Perfecto, Xerente do Consorcio Galego de servizosde Igualdade e Benestar".

social youtube xornalgalicia   feed-image