A CIG-Saúde de Compostela vén de presentar denuncia perante a Inspección de Traballo e da Seguridade Social contra a Xerencia de Xestión da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza por non actualizar ou revisar a avaliación de riscos por modificación das condicións de traballo (isto é, por mor do risco do Covid-19) e pola existencia de danos a saúde dos traballadores/as “xa que, a data de hoxe, un gran número de traballadoras e traballadores resultaron infectadas/os por SARS-CoV-2 no seu posto de traballo, por falta de adopción de medidas de prevención ou protección por parte da Xerencia desta Área Sanitaria”.
A CIG-Saúde considera que se infrinxiu así o art. 16.2 da Lei 31/1995 e que se incumpriron os protocolos do Ministerio de Sanidade existentes ao respecto. Lembra que nesta Área sanitaria é de aplicación o “Procedemento de Actuación para os Servizos de Prevención de Riscos Laborais fronte á Exposición SAR-Cov-2”, do 8 de Abril, no que se especifica que xa que o contacto co virus pode afectar a espazos sanitarios e non sanitarios, corresponde ás empresas avaliar o risco de exposición e seguir as recomendacións que a este respecto emita o servizo de prevención, seguindo as pautas e recomendacións formuladas polas autoridades sanitarias”.
Lembra que o art. 16.2.a da Lei 31/1995, dispón que, “a avaliación será actualizada cando cambien as condicións de traballo e, en todo caso, someterase a consideración e revisarase, se fose preciso, con ocasión dos danos para a saúde que se produciran”.
Do mesmo xeito sinala que segundo os criterios operativos da propia Inspección de Traballo a actividade da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza enmárcase dentro das empresas nas que existen postos de traballo con risco de exposición profesional ao SARS-CoV-2, e polo tanto, corresponde a estas empresas avaliar o risco de exposición ao novo coronavirus e seguir as recomendaciones que sobre o particular emita o servizo de prevención, seguindo ademais as pautas e recomendaciones formuladas polas autoridades sanitarias.
Sen resposta ás solicitudes de revisión
Porén CIG-Saúde de Compostela denuncia que malia isto e malia ter requirido da Xerencia a revisión das avaliacións de risco nas unidades de Urxencias, Pediatría, UCI-Adultos , Reanimación, así como as diferentes plantas que agora mesmo tratan aos enfermos COVID, “a día de hoxe non se recibiu por parte desta organización sindical, ningún informe de avaliación actualizado ou revisado por modificación das condicións de traballo por mor do risco do Covid-19”. Por iso conclúe que non se fixo esa revisión e que, polo tanto, se incumpriron tanto os Protocolos como a Lei de Prevención de Riscos Laborais.
Deficiencias na formación preventiva do persoal
CIG-Saúde de Compostela tamén remitiu, o pasado 26 de marzo, un escrito dirixido á Xerencia denunciando as deficiencias na formación do persoal en relación ao Covid-19, destacando que “a formación estábase a impartir por parte do Servizo de Prevención de Riscos da Área Sanitaria de Santiago, coas traballadoras e traballadores amoreados nos controis de enfermería/aulas e de maneira improvisada, sen gardar o distanciamento social de 2 metros e, sen ningún tipo de planificación previa”.
Xunto a isto, advertíuselle á Xerencia que a formación debía non ser unicamente teórica, senón tamén práctica, facendo que o persoal quitara e puxera os EPIS na formación, para desta maneira interiorizar os contidos.
A CIG-Saúde considera ademais que o Plan de Prevención fronte o SAR-Cov-2 desta área sanitaria “parece feito á medida dos recursos existentes e é menos proteccionista e garantista no tocante aos Equipos de Protección Individual e en medidas de distanciamento social” que o do Ministerio. De feito sinala que con este Plan estaríase incumprindo o protocolo da autoridade sanitaria en materia de distanciamento social; no uso das máscaras FFP2 e da súa reutilización por parte do persoal a cargo de enfermos diagnosticados con COVID-19, cando estas máscaras son dun só uso, e no caso de que se tivesen que reutilizar, deberían pasar por un proceso de esterilización acreditado que non danase as súas capacidades protectoras e non gardarse en sobres para as seguintes quendas de traballo; na falta de protección respiratoria en Triaxe, Consultas Externas, (exploración física a pacientes sen síntomas, onde unicamente se establece como medida a hixiene de mans…) ou nas Áreas administrativas, onde se indica que na atención a pacientes sen síntomas, non é necesario EPI.
Segundo a CIG-Saúde tampouco as batas que se proporcionan ao persoal cumpren os requisitos de EPI certificado. “Estase dotando ás traballadoras e traballadores de batas das que non dispoñemos de ningún informe de validación deste equipo co que o que se está a entregar non sabemos si cumpre coa certificación de roupa de protección fronte ao risco biolóxico, como se exixe no protocolo ministerial”.
Máscaras de tela no servizo de Psiquiatría do Hospital Psiquiátrico de Conxo
Para a CIG é especialmente grave a situación no Hospital Psiquiátrico de Conxo, onde se implantaron máscaras de tela tanto no servizo de Psiquiatría como na cociña, sen estar validado este EPI por parte do servizo de prevención. “Non se dispón da ficha técnica deste equipo, non se sabe se ten certificación de EPI ou de Produto Sanitario, nin de que protexe”. Alerta de que se pode estar dando unha falsa sensación de protección ao persoal e provocar así un incremento dos contaxios por Covid-19. “Mesmo fanse observacións de que se poden levar a casa a lavar, o que ao noso modo de ver, pode ser unha fonte de contaminación innecesaria”.
Ademais, lembra que no Psiquiátrico de Conxo, que é nestes momentos unha institución pechada, tampouco se garante o distanciamento social correspondente entre os enfermos; unha limpeza máis exhaustiva nas noites, fins de semana e festivos, que requiriría un reforzo de persoal encargado do mesmo; un plan de formación e de actuación específico para o persoal, acorde coas necesidades do centro nin a dotación de material EPI a fin de garantir o traballo nas mellores condicións de seguridade e saúde.
- 1. A Eloina Núñez Masid (prima de Feijóo ) le encantaba controlar de forma inmoral al personal del Sergas y contrató un sistema de control de accesos voz, datos y video-vigilancia. ...
- (Sergas)
- Xornal Galicia divide en 10 capítulos el larguísimo historial de la DIVA..+ del Sergas, Eloina Núñez prima del presidente de la Xunta Alberto Núñez Feijóo. Los capítulos 8,9 y 10 informarán sobre ...
- Creado el 11 Abril 2020
- 2. Eloina Núñez la prima carnal de Feijóo que no tiene nada que ver con las "primas" que pìde Feijóo en 4 cuentas bancarias de entidades privadas también le gusta expandirse públicamente. ...
- (Sergas)
- Xornal Galicia divide en 10 capítulos el larguísimo historial de la DIVA..+ del Sergas, Eloina Núñez prima del presidente de la Xunta Alberto Núñez Feijóo. Los capítulos 8,9 y 10 informarán sobre la Hermana ...
- Creado el 10 Abril 2020
- 3. Feijóo utiliza a su prima Eloina Núñez para despedir del Sergas al personal infectado como premio a su labor y de postre les pide dinero para luchar contra el coronavirus. ...
- (Noticia destacada de Galicia)
- Xornal Galicia divide en 10 capítulos el larguísimo historial de la DIVA..+ del Sergas, Eloina Núñez prima del presidente de la Xunta Alberto Núñez Feijóo. Los capítulos 8,9 y 10 informarán sobre ...
- Creado el 08 Abril 2020
- 4. El dispendio de dinero público y presuntos delitos de prevaricación a meses vista con el corona-virus de Feijóo su Prima Eloina Núñez, Almuiña y la financiación del Sergas y farmacéuticas ya esta preparado ...
- (Reportaxes a fondo)
- Xornal Galicia divide en 10 capítulos el larguísimo historial de la DIVA..+ del Sergas, Eloina Núñez prima del presidente de la Xunta Alberto Núñez Feijóo. Los capítulos 8,9 y 10 informarán sobre ...
- Creado el 07 Abril 2020
- 5. Eloina Nuéñez utiliza los recursos del Sergas para financiar y hacerle la campaña electoral a su Primo Feijóo a la Xunta ...
- (Sergas)
- Xornal Galicia divide en 10 capítulos el larguísimo historial de la DIVA..+ del Sergas, Eloina Núñez prima del presidente de la Xunta Alberto Núñez Feijóo. Los capítulos 8,9 y 10 informarán sobre la Hermana ...
- Creado el 10 Abril 2020
- 6. La Cocina Económica Ferrol no puede afrontar las solicitudes de familias que pasan hambre por comportamientos como el de Feijóo abriendo cuantro cuantas bancarias pidiendo dienro a la población.
- ( Galicia)
- ... os delitos de prevaricación a meses vista con el corona-virus de Feijóo su Prima Eloina Núñez, Almuiña y la financiación del Sergas y farmacéuticas ya esta preparado ...(Reportaxes a fondo)... saqueo institucio ...
- Creado el 14 Abril 2020
- 7. Mar Sánchez Sierra utiliza la Violencia de Género, el coronavirus y dinero público para lavarse su imagen personal mediante gestión reputacional "modus operandi de la Operación Púnica".
- (Inicio)
- ... dos tratos de favor a determinadas mujeres como Eloina Núñez, Corina Porro, Chefi ( Faustina Fernández responsable junto a Feijóo de la escalada descontrolada de muertes en residencias de la tercera edad. ...
- Creado el 14 Abril 2020
- 8. El Sergas en vez de entregar mascarillas al personal sanitario les recomienda que atiendan a los pacientes a metro y medio de distancia sin acercarse a ellos..
- (Sergas)
- ... más que Feijóo Los tres altos cargos de la Xunta con mayor sueldo son responsables sanitarios entre los que esta su prima Eloina Núñez en el 2010 cobraba Eloína Núñez Masid (C. H. Ourense). 100.656,14 ...
- Creado el 13 Abril 2020
- 9. La responsable del "exterminio de la tercera edad por el coronavirus en las residencias de Galicia tuteladas por la Xunta" recibe una medalla de oro de manos de Feijóo.
- (Reportaxes a fondo)
- ... 4-2020 Votos:1145 Reportaxes a fondo Redacción Xornal Galicia El dispendio de dinero público y presuntos delitos de prevaricación a meses vista con el corona-virus de Feijóo su Prima Eloina Núñez, Al ...
- Creado el 12 Abril 2020
- 10. Denuncian la amistad de Feijóo y Corina Porro con la responsable de las residencias con mayor número de fallecidos de España y receptora de mútiples adjudicaciones del Gobierno de Feijóo
- ( Galicia)
- ... vista con el corona-virus de Feijóo su Prima Eloina Núñez, Almuiña y la financiación del Sergas y farmacéuticas ya esta preparado y montado. 06-04-2020 Votos:1215 Reportaxes a fondo Redacción Xorna ...
- Creado el 12 Abril 2020
- 11. El Concello de A Coruña sigue estando muy por delante de la gestión de Feijóo en la Xunta al preparar la ciudad para los visitantes anticipandose a la salida de la pandemia.
- ( Galicia)
- ... líneas 902 para saquear a los ciudadanos y usuarios del Sergas, las andanzas del clan frijoles y de la prima Eloina Núñez, utilizando y creando asociaciones de usuarios y pacientes del Sergas para hacerl ...
- Creado el 12 Abril 2020
- 12. Acusan a presidentes autonómicos del PP de crear cuentas bancarias pidiendo " dádivas " para mermar-frenar las actividades y recursos altruistas de las ONGs que atienden a más de 2 millones de familias ...
- ( Galicia)
- ... os delitos de prevaricación a meses vista con el corona-virus de Feijóo su Prima Eloina Núñez, Almuiña y la financiación del Sergas y farmacéuticas ya esta preparado ...(Reportaxes a fondo)... saqueo institucio ...
- Creado el 09 Abril 2020
- 13. Mar Sanchez Sierra utiliza fondos públicos para publicitar " Ainda que o mundo se deteña o noso mar non para " mientras Rosa Quintana confabulada con la FEGACOPE lo intenta parar a cualquier precio.
- ( Galicia)
- ... en las consellerias gestionadas por el PpdeG bajo el total descontrol, mientras desde la Xunta se saquea a los ciudadanos pidiendoles dádivas y lineas 902, denunciadas por saqueo por Eloina Núñez prima ...
- Creado el 08 Abril 2020
- 14. Alberto Fuentes Losada Secretario Xeral Tecnico de Sanidad se burla del periodista Miguel Delgado en resoluciones sobre las que esta recusado por ser testigo de cargo del letrado de sanidad Rafael Álvaro ...
- (Sergas)
- ... información de las líneas 902 denunciadas por la prima de Feijóo Eloina Núñez como "saqueo de los usuarios del Sergas " el Sr Fuentes Losada se fabrica una RESOLUCIÓN en la que nos dice literalmente q ...
- Creado el 08 Abril 2020
- 15. Los donativos y dádivas que piden Feijóo, Mar Sánchez Sierra y Sergas constan en el Código Penal como delito de COHECHO Y PREVARICACIÓN junto al de homicidio imprudente contra la tercera edad.
- (Sergas)
- ... s, mientars su prima Eloina Núñez ya gestiona con dinero público chiringuitos para el mes de noviembre de 2020 sobre el coronavirus ). segimos con lo que dice la Ley penal, incurrirá en la pena de pris ...
- Creado el 07 Abril 2020