Imprimir

Bugallo arremete contra o Goberno de Pedro Sánchez esixíndolle ao Goberno do Estado mais fondos das Lei de Dependencia

Información
Santiago | 03 Agosto 2020 | 5486 votos

Elecciones 26M: Caballero logra un nuevo récord en Vigo y el PSOE ...Ao Executivo autonómico tamén se lle solicita: revisar os casos de familias que teñan denunciado a modificación de criterios das equipas de valoración; implementar medidas máis eficaces segundo o tipo de diversidade particular de cada persoa; aplicar o Programa de Servizo de Axuda á Dependencia (SAD), continuando co reforzo dos equipos de valoración de grao de dependencia e coa axilización dos pagos no tempo máis breve posible; e seguir a intensificar a implicación, a colaboración e a participación das administracións locais na aplicación de todos estes puntos. 

 

Formoso exigiendo el iva que reclama Feijóo, Ines Rey y Bugallo, junto a los ediles defraudadores de impuestos liderados por Lage Tuñas....+

Obras na praza da Paz e San Roque
A proposta do BNG, aprobouse unha moción solicitando a conclusión das obras do proxecto de San Caetano entre a praza da Paz e os Basquiños e a inclusión das mesmas no orzamento de 2021. Votaron a favor CA e BNG e abstivéronse socialistas e populares.

Utilización de remanentes
Tamén se ratificou unha moción inicial do BNG, logo emendada por un texto engadido de PSdeG-PSOE, reclamando ao Goberno de España que "permita aos concellos o uso da totalidade do seu superávit do 2019, os seus remanentes de tesoureira, e utilizar a súa capacidade de endebedamento segundo a súa capacidade económica, garantindo a solvencia financeira dos mesmos; así como a derogación urxente dos artigos que afecten a autonomía local da Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local e da Lei de Estabilidade Orzamentaria. Ao Goberno municipal pídeselle que informe do marco financeiro do orzamento do ano 2020 e seguintes. Finalmente, solicítase que exista unha interlocución directa co Goberno central por parte da FEGAMP como representante dos intereses dos concellos galegos.

A moción saíu adiante co voto favorable dos tres grupos mencionados e co voto negativo do PP, que presentara outra moción sobre o mesmo tema que foi rexeitada.

Protocolos de atención
Outra moción aprobada por unanimidade foi unha, nada dunha iniciativa de CA, instando á Xunta de Galicia a "revisar e mellorar os protocolos de atención ás familias no caso de falecemento, en accidente, dalgún dos seus membros". Tamén se acordou dar conta deste acordo aos grupos do Parlamento de Galicia. Esta moción naceu a raíz da loita dunha persoa afectada, Esperanza Rodríguez López, quen relatou a súa traumática experiencia a raíz da morte do seu fillo.

Reurbanización da rúa de Sar
A proposta do BNG, deuse o visto bo a unha moción demandado as xestións necesarias para incluír nos orzamentos de 2021 a consignación para executar as obras de reurbanización da rúa de Sar, dende a ponte ata a calzada de Sar, co fin de darlle continuidade á actuación de Castrón Douro e Patio de Madres. Voto a favor de CA e BNG e abstención dos grupos socialista e popular.

Prevención de incendios
Tamén o grupo nacionalista sacou adiante unha moción para a toma de medidas para a redución e prevención de incendios forestais en Santiago de Compostela, incluíndo unha campaña de concienciación. Ademais do propoñente, votaron a favor PP e CA, absténdose o grupo socialista.

Recuperación das vellas estacións
Outra moción, aprobada por unanimidade, foi a presentada polo PP para a recuperación das vellas estacións ferroviarias da Sionlla, Verdía e as Pontes de Busto, situadas na futura vía verde Santiago-Cerceda.

Banda Municipal
Finalmente, recibiu o visto bo da Corporación a moción do PP para a regularización e potenciación da Banda Municipal de Música. Pídese que se recuperen os catro músicos interinos e se inclúan estas prazas nas próximas ofertas pública de emprego, que se anuncie o restablecemento do proceso selectivo de director da Banda un plan de acción para a Banda. Votaron a favor PP, CA e BNG, coa abstención do PSdeG-PSOE.

Direccións relacionadas

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Santiago
Visto: 5486