Portada

As secas poden predicirse con ferramentas matemáticas

Información
Portada | 17 Abril 2020 | 17143 votos | Correo electrónico | Imprimir
Campo de millo seco. Foto: Santi Alvite
Campo de millo seco. Foto: Santi Alvite
O descubrimento permite coñecer a duración das secas e clasificalas, co fin de vixiar as súas posibles variacións no contexto do cambio climático

Comprender mellor a duración das secas meteorolóxicas axuda a predicir cando comezan e rematan, permitindo vixiar as súas variacións no contexto actual de cambio climático global. Isto é o que permite o modelo matemático desenvolvido polo climatólogo Robert Monjo para este estudo, no que tamén participaron os investigadores Dominic Royé, da Universidade de Santiago de Compostela, e Javier Martin-Vide, da Universidad de Barcelona. Este traballo é pioneiro en aplicar os conxuntos de Cantor á climatoloxía, e foi recentemente publicado pola revista europea Earth System Science Data, da plataforma científica Copernicus. 

O lavado de mans debe realizarse con xabón ou solucións hidroalcohólicas. FOTO: Santi AlviteO lavado de mans debe realizarse con xabón ou solucións hidroalcohólicas. FOTO: Santi Alvite

O epidemiólogo e profesor da USC Francisco Caamaño Isorna insiste en que con independencia do uso de luvas e máscaras faciais, deben manterse as medidas de hixiene e a separación de dous metros entre as persoas

Universidades galegas e Xunta tomaron a decisión este luns. Foto: Santi AlviteUniversidades galegas e Xunta tomaron a decisión este luns. Foto: Santi Alvite

Os tres reitores das universidades galegas manterán un novo encontro a fins de abril no que definirán un sistema de avaliación flexible e adaptado ás circunstancias "tan especiais deste cuadrimestre"

A situación na que se atopan as residencias de persoas maiores é insoportable. A denuncia continua do funcionamento e da falta de medios tanto humanos como materiais sitúa ao colectivo dos nosos maiores no maior foco de deixadez por parte da administración pública.


Ante esta situación de abandono, Feijóo vén de anunciar a intervención pública das residencias de maiores privadas, anuncio que chega moi tarde e que agardamos sexa efectivo de inmediato para dotar de medios humanos e materiais (EPI´s e test de contaxio) ás persoas residentes e traballadoras.

 

Este lunes 23 de marzo arranca la campaña de donación de sangre promovida por la Fundación Celta, el Real Club Deportivo de A Coruña y la Agencia de Donación de Órganos y Sangre (ADOS) de la Consellería de Sanidad. La campaña, especialmente importante estas semanas, finalizará el día 25 de abril y los aficionados de los dos equipos que donen en cualquier unidad móvil en toda la comunidad podrán pedir una camiseta diseñada para la acción en cualquier punto, ya sean unidades móviles o centros de donación fijos.

A portavoz nacional, Ana Pontón, reiterou no Parlamento a total colaboración do BNG co Goberno galego na loita contra o coronavirus pero instou ao presidente da Xunta a adoptar medidas contundentes pero que son claves para salvar vidas: reclamar o peche dos territorios que teñen un gran foco do virus e reclamar a total paralización de toda a actividade económica non esencial.

“O BNG está a disposición do Goberno da Xunta e, sobre todo, está a disposición dos galegos e das galegas para sumar en todo o que sexa necesario para saír da crise, sen escatimar esforzos nin colaboración leal”, salientou Pontón, “pero a lealdade non é un cheque en branco, non consiste en mirar para outro lado ante decisións que consideramos erróneas por parte do Goberno do Estado ou por parte da Xunta cando o que está en xogo é a saúde das persoas”.

As maiores pandemias da historia

Información
Portada | 17 Marzo 2020 | 4273 votos | Correo electrónico | Imprimir

Agora que a Organización Mundial da Saúde declarou oficialmente ao Covid-19, máis coñecido como coronavirus, unha pandemia. Nós desde Cultture queremos lembrar as outras pandemias que arrasaron á humanidade. Algunhas delas mataron máis xente que as guerras mundiais xuntas.

As vexigas foi a pandemia máis letal da historia da humanidade, cunha estimación de acabar coa vida de máis de 300 millóns de persoas. Esta enfermidade era moi infecciosa e moi contaxiosa causada polo virus Variola virus. O seu nome vén dado polos vultos que deixan marcada a pel da persoa contaxiada con ela. Por sorte esta enfermidade atópase erradicada desde 1980.

O sarampelo foi a segunda pandemia máis letal, acabando cuns 200 millóns de persoas aproximadamente. A pesar de que está moi asociada á infancia, non todos a collemos. É outra enfermidade que deixa marcas visibles na pel en forma de manchas avermelladas, ás que hai que engadir febres altas e inflamación pulmonar. Por sorte tamén o sarampelo considérase erradicado grazas aos medicamentos e vacinas existentes.