A Deputación da Coruña regálalle 60.000 euros o servizo de Asesoría Xurídica Social do Consorcio das Mariñas

Información
Portada | 23 Junio 2019 | 3273 votos | Correo electrónico | Imprimir

A Deputación da Coruña financia con 60.000 euros o servizo de Asesoría Xurídica Social do Consorcio das Mariñas

O presidente en funcións da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente do Consorcio das Mariñas Jose Antonio Santiso Miramonetes, asinaron esta mañá na sede da institución provincial o convenio para o mantemento da Asesoría Xurídica Social do Consorcio das Mariñas durante o ano 2019, un servizo que dende hai anos vén prestando apoio xurídico especializado a persoas e familias derivadas polos servizos sociais dos oito concellos que integran o Consorcio (Abegondo, Betanzos, Bergondo Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada)

social youtube xornalgalicia   feed-image