Dende a Confraría de Pescadores A Anunciada de Baiona unímonos á queixa sobre a falta de rigor profesional da certificadora Bureau Veritas no proceso de certificación MSC do Mexillón de Galicia DOP, realizada a semana pasada por WWF. Neste sentido dicir que tamén imos presentar unha reclamación formal polas canles oficiais polos déficits observados en varias fases do procedemento de certificación.Dende a Confraría de Pescadores A Anunciada de Baiona unímonos á queixa sobre a falta de rigor profesional da certificadora Bureau Veritas no proceso de certificación MSC do Mexillón de Galicia DOP, realizada a semana pasada por WWF. Neste sentido dicir que tamén imos presentar unha reclamación formal polas canles oficiais polos déficits observados en varias fases do procedemento de certificación.
A actuación de Bureau Veritas, lonxe do rigor científico requerido polos estándares de MSC, non considera na súa avaliación as conclusións sobre os impactos nos hábitats e ecosistemas expostos na literatura científica existente centrada nas rías galegas. Ademais proporciona información falsa ou confusa en temas especialmente relevantes, particularmente no relativo ao sistema de vixilancia, control e seguimento do proceso de extracción de semente no medio natural que, coma sabemos, non existe na práctica, coma os procedementos asociados de monitoreo do estado das súas poboacións. Este feito é dobremente grave cando, dende diversas fontes, se proporcionou esta información á certificadora ao longo do procedemento, quen a ignora nas conclusións da súa avaliación.Aclarar que as Confrarías de Pescadores de Galicia invisten recursos humanos e económicos na vixilancia, control e seguimento dos recursos marisqueiros. Pola contra non existe este control na actividade de extracción de mexilla. Nin o sector mexilloeiro nin a Xunta de Galicia fan un seguimento real dos kg de mexilla se extraen de cada zona, nin realiza estimacións de canta biomasa de semente sería sustentable extraer en función do estado das poboacións que habitan os distintos tramos costeiros, como si se fai co resto de recursos marisqueiros das rías dende hai décadas. Lonxe diso, ano tras ano a campaña de extracción prorrógase un o dous meses sen que ningún estudo faga un seguimento do impacto que esta colleita pouco selectiva provoca no litoral rochoso.Do mesmo xeito, Bureau Veritas desoe boa parte das correccións e suxestións realizadas polos revisores científicos durante o proceso, que cuestionan o procedemento de avaliación de 14 dos 22 indicadores que puntuou a certificadora, sen que esta revisión fixese cambiar a puntuación. Suspender un só de estes indicadores supón a Non Acreditación no esixente proceso MSC. De concedérselle ó mexillón a certificación nas actuais circunstancias, coa evidente falta de rigor e imparcialidade, o proceso parecería ser esixente so na teoría, incumpríndose os obxectivos últimos do MSC.
Instamos a Mexilón de Galicia a que aproveite o procedemento de certificación para revisar os seus procedementos non sustentables sobre todo no tocante a extracción de mexilla, pero tamén á dimensión do cultivo, que compite polo consumo de planton co resto de recursos pesqueiros das nosas rías. Creemos que o proceso de acreditación de MSC debe ser unha oportunidade para adecuar os seus sistemas de produción a situación actual que demandan os ecosistemas e a sociedade en xeral. Só de este xeito se poderán superar os enfrontamentos entre bateeiros e percebeiros que ano tras ano se producen na temporada de recolección de mexilla.De saír adiante a acreditación de Mexillón de Galicia sen as moitas correccións necesarias nas carencias sinaladas nos detallados informes proporcionados polos revisores científicos creemos que o selo MSC lonxe de ser esa oportunidade de mellora converteríase nun lavado de cara verde dun sector que a dia de hoxe está moi lonxe de ser sostenible. Tamén queremos aproveitar para queixarnos da falta de transparencia da Consellería do Mar obstaculizado o acceso a informes públicos con información relevante sobre o impacto da recolección de mexilla e a súa interacción coas poboacións de percebe. Dende esta Confraría apostamos realmente por modos de traballo respectuosos cos ecosistemas e desexamos que tanto o mexillón como o percebe se exploten de xeito sustentable, garantindo que as vindeiras xeracións poidan facer o mesmo. Demandamos polo tanto, unha vez máis, que se aproveite esta oportunidade para acometer as reformas necesarias nos procesos do cultivo. Instamos especialmente á Consellería do mar a que acometa dunha vez por todas a reforma dunha normativa obsoleta, con máis de 20 anos, que non se adapta ás necesidades do ecosistema costeiro.
Rosa Quintana según un documento público al que a tenido ...
https://www.xornalgalicia.com › Xunta Galicia
1 oct 2019 — G36618510 Cofradía Pescadores Baiona 55.843,00 (2016 ) 56.170,00 (2017) 112.013,30 euros ... Rosa Quintana está aquí:Baiona.2 de agosto·Vigo ... Perfil de Xornal Galicia https://www.facebook.com/XornalGalicia/ ...
La patrona de Baiona y amiga de Rosa Quintana (PPdeG ...
https://www.xornalgalicia.com › Galicia
27 ene 2020 — La patrona de Baiona y amiga de Rosa Quintana (PPdeG) antes enemiga y ... de Baiona Pontevedra " se jacta de su amistad con Rosa Quintana ... Más sobre el Xornal Fantasmas Digitales, móviles, transformación, .