Ourense

  • Manuel Baltar destaca la solidaridad y el apoyo de los vecinos de Ribadavia y de toda la comarca del Ribeiro "en defensa de una de las celebraciones más importantes de Europa en el ámbito vitivinícola, que el ayuntamiento de Ribadavia potencia de manera virtual este año con esta novedosa iniciativa".

O Concello de Ourense conta con novos orzamentos para 2020. O Pleno do Concello de Ourense deu aprobación definitiva ao documento, que ascende a 103.126.170,09 euros, que fora aprobado inicialmente no pleno do 27 de xaneiro. O acordo foi aprobado cos votos favorables do goberno municipal, formado polos grupos de Democracia Ourensana e Partido Popular, máis Ciudadanos (7) e en contra de PSdeG-PSOE e BNG (4), nun pleno limitado por medidas de seguridade e saúde necesarias pola pandemia de COVID9.

A MESMA PROPAGANDA NA PRENSA OU MEDIOS DE COMUNCIACIÓN TEN O DOBLE DE COSTE QUE AS BOTELLAS DONADAS.

Ourense, 22 de abril de 2020.-O vicepresidente terceiro da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez, PRESTOUSE A FACER PROPAGANDA , no Pazo Provincial, as 40 caixas con 800 botellas que doou a empresa Lejía Sarmiento á Deputación de Ourense. Plácido Álvarez agradeceu, en nome do goberno provincial, "esta doazón de Lejía Sarmiento que será empregada para a desinfección dos centros dependentes da Deputación de Ourense como o Pazo Provincial, o Parque de Maquinaria, o Centro Cultural "Marcos Valcárcel", o Inorde, entre outras, e de maneira especial irá destinada aos labores de desinfección que está a realizar o servizo de baldeo da Deputación".

O Concello de Ourense construirá un aparcadoiro disuasorio de 600 prazas na rotonda das Lagoas, moi preto do centro da cidade. Un proxecto “moi necesario” sinala o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, xa que permite “dar resposta ás necesidades que existen nesa zona. Trátase dunha actuación que forma parte do plan de investimentos por importe de 50 millóns de euros anunciado polo grupo de goberno municipal, que ten como obxectivo “reactivar a económica no Concello ante a situación provocada polo COVID-19”, comenta o rexedor.

Unión Comarcal da CIG de Ourense denuncia que a Xunta está a aproveitar o confinamento social para executar a “aberración” da obra da estación de tren do Empalme, un proxecto “que conta co rexeitamento do conxunto da sociedade ourensá”. Diante disto, esixen a paralización inmediata dos traballos e a construción dunha “intermodal digna”.

Dende a central explican que as obras nas inmediacións da estación do Empalme volveron comezar esta semana, xa que a Xunta “está a aproveitar o confinamento da poboación para levar a cabo os traballo sen que poida exercerse a mobilización veciñal”. 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, deu a coñecer esta mañá que, o plan de obras que desenvolverá o Concello de Ourense e que mobilizará 50 millóns de euros na cidade incluirá “unha obra absolutamente emblemática no barrio da Ponte”. O barrio con maior número de habitantes da cidade, contará co parque máis grande do centro urbano de Ourense con 18.000 metros cadrados, que superará a extensión de espazos públicos como o Parque de San Lázaro, que ten 7.000, o Xardín do Posío, de 14.000 ou o Parque Miño 17.000 metros cadrados.

El Juzgado de lo Social número 3 de Ourense ha desestimado la solicitud de CC.OO. para que adoptase la medida cautelar de suspensión del servicio de ayuda a domicilio del Ayuntamiento de Orense. La demandante exigía que se paralizasen las entregas mientras Atendo Calidade, que es la concesionaria, la Administración local, el Ministerio de Sanidad y la Xunta no suministrasen los EPIS establecidos por el Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) el 31 de marzo.

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, dedicará unha glorieta na honra do persoal sanitario de Ourense, que está cada día á beira dos seus veciños, coidándoos e axudándoos a superar esta pandemia.

O Concello aboaralles o pago de sete cotas aos autónomos ourensáns, correspondentes aos meses de xuño a decembro de 2020, ambos incluídos, para axudar mitigar os “graves prexuízos logo do cesamento da súa actividade”, segundo anunciou esta mesma mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. É unha das medidas que pretenden paliar os efectos negativos pola situación de alarma decretada polo virus COVID-19, despois de que se tomase a decisión de destinar 20 millóns de euros das arcas municipais. “Queremos asumir un compromiso de responsabilidade e solidariedade cos autónomos, o pequeno comercio e as pemes ourensás”, sentencia o rexedor.