A Deputación de Lugo inicia as obras de construción do centro de maiores de Guitiriz para non depender das concesións de Feijóo a "Chefi" de Domus VI

Información
Lugo | 23 Mayo 2020 | 1508 votos | Correo electrónico | Imprimir
Os traballos para crear unha residencia na Casa da Botica comezan tras a sinatura da acta de reinicio do replanteo da obra, unha vez que foi modificado o Plan de Seguridade e Saúde para adaptalo ás novas condicións esixidas pola crise sanitaria da Covid-19

O Presidente destacou que a estreita colaboración da Deputación e o Concello “fai realidade unha dotación social moi demandada polos veciños e veciñas, que mellorará o benestar social e creará emprego sostible na zona”

A Deputación inviste 1,2 millóns de euros na construción do centro de atención a maiores de Guitiriz, un proxecto que conta cun prazo de execución de 12 meses
social youtube xornalgalicia   feed-image