Podemos propón potenciar a educación naturalista no Parque de Santa Margarida

Información
Localidades de Galicia | 29 Junio 2022 | 1387 votos | Correo electrónico | Imprimir

 ParqueStaMargaritaA concelleira Isabel Faraldo plantexa usar inmobles como a antiga caseta de vixilancia para campamentos e cursos municipais

Este pulmón verde da cidade pode converterse nun polo de convivencia responsable coa fauna urbana

Reclaman arranxos na área canina para adaptala ás demandas dos usuarios e fomentar o seu uso cívico

 

A Coruña. xx de xuño de 2022. O grupo municipal de Podemos ven de plantexar a potenciación do Parque de Santa Margarida como polo da educación ambiental e do respeto polos animais das actividades futuras que poida convocar o Concello da Coruña, co obxetivo de retomar iniciativas como os campamentos de verán que inclúan estas materias entre as súas actividades lúdicas.

A concelleira Isabel Faraldo subliña que as características do parque e dos inmobles adscritos como a antiga caseta de vixilancia permitirían numerosas iniciativas, como explicar a fauna urbana que habita nos máis de 50.000 metros cadrados e onde se atopan tamén varias colonias felinas do programa de control responsable.

Faraldo tamén resalta a falta de mantemento dalgúns espazos, como as “camas de madeira” que se sitúan perto do Pazo da Ópera, que na súa maioría están rotas ou desgastadas, co risco que supón o seu estado para os usuarios do parque e, en especial, os máis pequenos das familias.

A maiores a edil de Podemos reclama un maior compromiso coa área canina do parque, a primeira que abriu en toda a cidade, e que na actualidade parece máis un barrizal que un espazo para fomentar a convivencia e os xogos dos animais dun xeito seguro, xa que é un recinto pechado e próximo a zonas de actividade infantil.

Para reivindicar estas melloras presentarán no vindeiro pleno un rogo, co que aspira a mobilizar ao Concello nos urxentes e necesarios arranxos en diferentes puntos de Santa Margarida, a súa potenciación como espazo de actividades no aire libre e para mellorar a convivencia.

social youtube xornalgalicia   feed-image