O grupo ecoloxista Extinction Rebellion Compostela chama ao boikot a Inditex

Información
Localidades de Galicia | 27 Noviembre 2020 | 3482 votos | Correo electrónico | Imprimir
Según Valentin Carrera Feijóo le pide a Amancio Ortega dinero para tapar  sus relaciones con Barreras, Pescanova, Depor y NCG Banco y los Floteles de  Ferrol etc. - Xornal GaliciaO grupo ecoloxista Extinction Rebellion Compostela chama ao boikot a Inditex a través dunha acción na mañá deste venres, que consistiu na colada de carteis, unha serie de pintadas nos escaparates e o encadeamento de dous maniquíns de crianzas no pasamáns do Zara de Praza Galicia, simbolizando a explotación infatil denunciada en numerosas ocasións en empresas proveedoras da multinacional. Os maniquís levaban cartaces colgados con testemuñas reais de persoas explotadas por inditex.
Nos escaparetes, puidéronse ler denuncias como “Detrás da roupa que mercas hai
escravas”, “Inditex escraviza ti colaboras?”. Así mesmo, fixéronse pintadas similares en pasos de zebra pola cidade.
A estratexia de inditex para maximizar os beneficios, así como de lavado de imaxe, está baseada na externalización dos custes humanos e medioambientais a países empobrecidos e sen lexislacións que protexan os dereitos laborais nin o medioambiente. Estes países sofren a explotación laboral, condicións laborais e salarios de miseria, ademais dunha forte contaminación e problemas de saúde. No mundo occidental non nos percatamos destes custes, polo tanto debemos visibilizalos.


Extinction Rebellion Compostela.
social youtube xornalgalicia   feed-image