Solicitude de dimisión ou cese da actual alcaldesa

Información
Localidades de Galicia | 20 Agosto 2020 | 2258 votos | Correo electrónico | Imprimir
Desde Mais Porriño queremos esixir a Eva García de la Torre que presente a sua dimisión inmediata, e de non facelo solicitamos o PSOE que tome medidas o respecto, xa que o desgoberno e descontrol absoluto que existe no Porriño co actual goberno municipal da alcaldesa Eva de la Torre e intolerable 
 
Agora a empresa da recollida do lixo non quere facerse cargo dos traballadores pola suposta inexistencia dun contrato municipal que os vincule
 
A alcaldesa leva cinco anos no goberno, e non foi quen de resolver un asunto tan importante como a concesión da recollida do lixo
 
Se non aí contrato vinculante o goberno municipal pode remunicipalizar o servizo creando unha empresa municipal e contratando directamente os traballadores, se crearía empleo e se aforraria cartos os veciños...se aí contrato non pode deixar desamparados os traballadores
 
O BNG tampouco pode seguir sustentando a unha alcaldesa que non atende as parroquias, que non ten o dia o mantemento do centro da cidade, que non promociona o comércio local, e que non é quen de resolver un problema básico da cidade como a recollida do lixo...pero que a cambio ten a man áxil de máis para multar os veciños de O Porriño 
 
Mais Porriño
social youtube xornalgalicia   feed-image