CCOO denuncia, que os empregados públicos que prestan servizos nos centros residenciais da Conselleria de Política Social, non se lle están renovando as mascarillas tal como indica a normativa de prevención de riscos, e o resto do persoal dos Edificios Administrativos e demais centros dependentes da Xunta de Galicia, as están comprando “do seu propio peto” para o desempeño da súa actividade profesional.
Desde o 21 de maio levar mascarilla é unha obriga en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público, sempre que non sexa posible manter un distanciamento interpersoal. O uso de mascarillas nos lugares de traballo son un produto necesario e obrigatorio que debe proporcionar a empresa como medio de protección individual de cara a minimizar o risco de exposición ao Covid-19.
O obxectivo do seu emprego é intentar reducir o risco de transmisión do virus desde a boca ao nariz do usuario non enfermo e sempre como medida complementaria a outras como é a organización do traballo (fomento do teletraballo...) ou o uso de medios de protección colectiva (instalación de mamparas...) que priman sobre os propios medios de protección individual.
A Xunta de Galicia ten que facerse cargo dos Equipos de Protección dos seus empregados, e recordamos que a vida útil dunha mascarilla hixiénica é de 4 a 6 horas segundo as recomendacións sanitarias:
A Orde SND/399/2020, de 9 de maio, ou a Resolución do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, son claras neste aspecto e aseguran que é a empresa a que debe protexer axeitadamente aos seus traballadores: sen prexuízo do cumprimento da normativa de PRL e da laboral, o titular da actividade económica deberá adoptar as medidas necesarias para cumprir as medidas de hixiene e/ou prevención para os traballadores. Neste senso, asegurarase que tódolos traballadores teñan permanentemente a súa disposición no lugar de traballo xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade para limpeza de mans, ou cando isto non sexa posible auga e xabón. Así mesmo, cando non poda garantirse a distancia de seguridade interpersoal, asegurarase que os traballadores dispoñan de equipos de protección axeitados ao nivel de risco.
Desde CCOO esiximos a Xunta de Galicia que promova a seguridade e saúde dos seus traballadores no traballo sendo necesario:
-
O cumprimento da normativa e normas de recomendación co reparto masivo de medios de protección individual: entrega de mascarillas a todo o persoal que preste os seus servicios de forma presencial nos distintos centros da Xunta de Galicia.
-
A implementación de plans preventivos e protocolos de seguridade.
-
O Fomento do teletraballo e das medidas organizativas necesarias.
-
A Implementación de medios de protección colectiva.