A Audiencia Provincial da Coruña desestimou a petición exposta pola Avogacía do Estado de execución provisional da sentenza do caso Prestige. A Sala considera "que non é procedente acceder a tal solicitude" por varios motivos, entre eles, que "non cabe a execución provisional dun auto". Lembran tamén os maxistrados que o auto que se pretende executar, no que se fixan as indemnizacións que corresponden a cada parte, está recorrido ante o Tribunal Supremo. Para os maxistrados da Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña, de executarse provisionalmente os autos, se a Sala do Penal do Tribunal Supremo estimase en todo ou en parte os recursos de casación interpostos, levaría a unha "situación de consecuencias imprevisibles".
Noticia destacada de Galicia
A Audiencia da Coruña rexeita a petición da Avogacía do Estado de executar de forma provisional a sentenza do caso Prestige
A Audiencia da Coruña rexeita a petición da Avogacía do Estado de executar de forma provisional a sentenza do caso Prestige
- Información
- Noticia destacada | 14 Junio 2018 | 7921 votos | Correo electrónico | Imprimir
- Detalles
- Categoría de nivel principal o raíz: Galicia
- Categoría: Noticia destacada
- Visto: 7921