Nikoloz Sherazadishvili do club vigués Famu campión do mundo de judo

Información
Galicia | 30 Septiembre 2018 | 2918 votos | Correo electrónico | Imprimir

Niko SherazadishviliO judoka, de orixe xeorxiana, pertence ao club vigués desde fai un ano e vén de facer historia ao colgarse o primeiro ouro masculino para o judo español

Nikoloz Sherazadishvili, vén de proclamarse campión do mundo de judo na categoría de menos de 90 quilos nos campionatos do mundo que se están a celebrar en Bakú (Acerbaixán). Sherazadishvili, de orixe xeorxiana e nacionalizado español, compite, desde fai un ano, polo club vigués Famu e ten ficha formalizada pola Federación Galega de Judo.

 

O novo campión do mundo ten 22 anos e comezou a practicar judo con 10. Tres anos despois, aos 13 anos, emigrou coa súa familia a España, onde seguiu practicando este deporte. Esta é a súa primeira tempada no club Famu de Vigo, aínda que continúa adestrando no seu lugar de orixe, en Brunete (Madrid). O próximo obxectivo de Sherazadishvili, tal e como xa ten manifestado, será converterse en campión olímpico nos próximos Xogos Olímpicos de Tokio.

social youtube xornalgalicia   feed-image