Feijóo esta a vaciar as arcas da Xunta en Comisións de Servicio....Algo así como asesorías das que ninguen coñece os resultados pero si a "ausencia" dos cartos públicos na caixa.

Información
Galicia | 26 Abril 2016 | 4088 votos | Correo electrónico | Imprimir

No ámbito da Xunta de Galiza concedéronse nos meses de febreiro e marzo pasados un total de 125 novas comisións de servizo e prorrogáronse 231 máis, ao que sumamos 20 novas adscricións provisionais.

Nestes dous meses produciuse un incremento considerable xa que pasamos de 114 novas concesións (a suma de comisións de servizo e adscricións provisionais) nos dous meses anteriores a 145. Con respecto ás prórrogas realizadas, no perído anterior de decembro de 2015 e xaneiro de 2016 concedéronse un total 152, no entanto nos meses de febreiro e marzo deste ano renováronse 231. Ou sexa, un repunte importante, cando menos no referente ás novas concesións. O aumento das prórrogas hai que achacalo, cando menos en parte, á falla de resolución do concurso.

Seguimos reclamando dende a CIG un concurso permanente que minimice o máximo posible esta forma temporal de provisión de postos que ao final se converte en case defintiva dada as frecuencias dos concursos. O que non temos claro aínda, a pesar de certas intencións manifestadas, é que á propia Administración lle interese avanzar nesta cuestión e iso que con ela se evitarían os saltos multitudinarios de persoas entre unidades e se favorecería a boa marcha dos servizos.

Con respecto á calidade das prazas en comisión concedidas ou prorrogadas estes dous meses (nos que non se produciu ningunha revogación) temos os seguintes datos: 

  Nivel 18 Nivel 25 Nivel 28 Subdirección Total *
Novas comisións 26 27 26 8 125
Prórrogas 56 57 14 1 231
Adscricións 1 3 10 3 20

* Inclúe as de todos os níveis.

Á vista destes datos temos que deixar claro que nos parece un escándalo que haxa subdirectores/as que sexan nomeados en comisión e se pasen anos apalancando dúas prazas. Ou que se fagan prórrogas "sine die" desta situación é unha mofa á escasa regulamentación desta situación que fala de 6+6 meses. Xa a nova Lei de emprego público prevé unha situación de privilexio para este persoal para vindeiros concursos, que non teñan tanta présa... O dito, agardemos á pronta resolución do concurso para que se estabilice algo, cando menos, esta provisionalidade crónica e sumamente clientelar que temos nesta Administración.

CONCURSO PERMANENTE, XA!


http://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas/novas-nacionais/ope-procesos-selectivos/2687-oferta-de-emprego-publico-2016-aclaracion-da-demanda-xudicial-da-cig">Oferta de Emprego Público 2016. Aclaración da demanda xudicial da CIG

Ante as diferentes informacións aparecidas os últimos días nos medios de comunicación con información sesgada por parte de CC.OO, CSIF e UGT onde se acusa a CIG-Autonómica de denunciar un acordo de oferta de emprego público, queremos manifestar o seguinte:

1º.- Dende a CIG-Autonómica non denunciamos o acordo antedito, senón que denunciamos unha parte de dito acordo, en concreto os puntos 1º, 2º e 3º de dito acordo, isto é, os puntos que anulan unha parte do V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

2º.- No caso de que prospere a denuncia da CIG-Autonómica consolidaranse todas as prazas ofertadas na OPE 2016, é dicir, si o TSXG nos dá a razón, a Xunta terá que convocar e cubrir as 506 prazas, xa que as que non se cubran por promoción interna terán que ser ofertadas a acceso libre. Non como acontece neste momento en que CC.OO, CSIF e UGT asinaron a posibilidade de que non se cubra a oferta de promoción interna e esas prazas se amorticen.

3º.- A CIG está a garantir o dereito a promoción de todos os empregados públicos, impedindo que a Xunta de Galiza oferte só prazas de acceso libre e ningunha por promoción interna, independentemente de cal sexa a categoría e o nível.

4º.- Manifestan CC.OO, CSIF e UGT que este conflito colectivo é unha actuación política. Efectivamente, dende a CIG-Autonómica consideramos que a actuación destes sindicatos é política, sobre todo tendo en conta que a oep de persoal laboral da Xunta de Galicia do ano 2015 non se convocou e se acumulou á do 2016, en pleno ano electoral. Aínda máis chamativa resulta a única oferta de emprego de persoal laboral feita polo goberno do Partido Popular de Feijoo alá polo ano 2009 con un total de 1113 prazas e que nunca foi convocada. Dende a CIG preguntámonos, onde estiveron estes sindicatos durante os derradeiros 7 anos?

5º.-Manifestan que este acordo é para reducir a alta interinidade da Xunta de Galiza, algo do que nos alegramos e compartimos, pero nos gustaría que foran consecuentes. A CIG non asinou este acordo, entre outras cousas, porque non cumpre as expectativas de modificación de emprego temporal por emprego fixo, xa que segundo os datos achegados pola propia administración pública galega a día de hoxe a distribución do persoal laboral é a seguinte:

  • Persoal laboral fixo: 5.491 traballadores/as
  • Persoal laboral temporal: 4.177 traballadores/as

É dicir, a OEP de 2016 cobre só o 12% do persoal temporal, mentres que o verdadeiramente grave é que o persoal laboral temporal supón o 45% de todo o persoal laboral da Xunta de Galiza, algo completamente inaceptábel.

social youtube xornalgalicia   feed-image