Comunicado da Executiva Nacional do BNG: Fidel Castro era un dos nosos

Información
Galicia | 28 Noviembre 2016 | 5517 votos | Correo electrónico | Imprimir

RFidel Castro en La Habana (1960) Fidel Castro en La Habana (1960) aúl Castro

Presidente da República de Cuba

Estimado compañeiro:

O Bloque Nacionalista Galego quere facerlle chegar o seu máis profundo pesar diante do pasamento do comandante Fidel Castro Ruz no día de onte, ao tempo que facemos extensivo este pesar á familia, ao pobo cubano e ao Partido Comunista de Cuba.

Para quen loitamos pola soberanía de Galiza e por construír unha sociedade máis xusta, Fidel Castro era un dos nosos, e non só pola orixe galega del e de vostede, senón porque a Revolución Cubana é un exemplo de loita dun pobo pola súa plena soberanía fronte ao imperialismo e pola construción dun futuro de xustiza e igualdade. Cuba debe mantense firme demostrando ao mundo que un pobo pode enfrontarse á explotación sobre a que se basea o capitalismo e construír unha sociedade na que primen a solidariedade, o respecto, a cultura, a igualdade e a xustiza.

Hoxe é un día triste pero o exemplo de Fidel sírvenos para manternos firmes na loita.

Até a Vitoria Sempre!

social youtube xornalgalicia   feed-image