Existen positivos confirmados de COVID-19 nas instalacións da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Elviña (a Coruña), sen que se activaran os correspondentes protocolos de protección para o resto do persoal que traballa nesas instalacións.
O venres 14 de agosto, tivemos coñecemento de que se confirmaran varios casos de contaxios positivos, logo da realización dunha proba PCR por COVID-19, nos servicios da xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria no edifico de Elviña na Coruña, sen que a dita circunstancia fora comunicada ao resto do persoal que comparte instalacións cos afectados/as.
Lamentablemente non se informou destes positivos, nin se adoptaron medidas de aillamento, para o persoal que puido estar en contacto cos casos confirmados, posto que os responsables da Xefatura Territorial de a Coruña, limitaronse a enviar as dúas persoas confirmadas á casa, sen comunicación algunha ao resto do persoal e moito menos ao Comité de Seguridade e Saúde Laboral correspondente.
Desde CCOO consideramos que coa saúde dos traballadores non se xoga, e menos nestes momentos onde os brotes están aumentando exponencialmente en Galicia, e en particular na provincia de a Coruña.
A mais da falta de rastreadores suficientes, as poucas medidas de prevención adoptadas, e a nula implementación dos protocolos de seguridade, desde CCOO denunciamos tamén que, as pésimas condicións de ventilación, e renovación do aire das instalacións que comparten, as xefaturas territoriais de Ecomonía, Emprego e Industria e de Política Social na Avenida Salvador de Madariaga na Coruña, están a contribuir a que teñamos este tipo de novos brotes de COVID 19, pois foi no ano 2019, a última vez que esiximos que se correxisen as deficiencias existentes, xa que estaba demostrado que favorecían a propagación de infeccións respiratorias entre o persoal de ambas xefaturas, e lamentablemente se fixo caso omiso.
Pero neste caso, e tendo en conta a evolución epidemiolóxica actual da COVID-19, parécenos especialmente grave a falta de medidas adoptadas ante os positivos detectados, para o resto do persoal que comparte o mesmo centro de traballo, asi como pola falta de trasparencia a hora de informar por parte da Administración, tanto ao persoal do centro, como aos representantes dos traballadores/as.
De nada serve impoñer o uso xeneralizado e obrigatorio da mascarilla para toda a poboación galega e mesmo prohibir fumar en toda Galicia, cando quen dicta estas normas fai deixación das súas funcións de protección ao respecto do persoal emnpregado público ao seu servicio.
Poren esiximos explicacións por parte dos responsables da Consellería e Economia, Emprego e Industria e sobre todo a inmediata adopción de medidas de protección para os traballadores/as do centro de traballo afectado, que pasa pola adopción inmediata de medidas que garantan a súa seguridade e a súa saude no desenvolvemento do seu traballo (realización de probas a todo o persoal para descartar mais contaxios), .
De non ter unha resposta positiva teremos que tomar as medidas oportunas denunciando esta situación ante a Inspección de Traballo e ante os Tribunais competentes, porque dende CCOO estaremos sempre defendendo ás empregadas e empregados da Xunta de Galicia.