Pontón insta á Feijóo que se deixe e vender fume a poñer en marcha un plan B para dotar de material de protección aos profesionais sanitarios

Información
Galicia | 23 Marzo 2020 | 2144 votos | Correo electrónico | Imprimir

A portavoz nacional do BNG,  Ana Pontón, trasladou hoxe ao goberno galego a necesidade de activar un plan B de compras de material  para  protexer ao persoal sanitario e avanza que maña,  o BNG  fará pública unha batería de propostas sanitarias, económicas e socias na liña de  facer fronte á crise do coronavirus.

 

Na  reunión co titular da Xunta, celebrada esta tarde, Pontón insistiu na necesidade de acometer medidas contundentes para dotar de material de protección a todo o persoal sanitario  así como a realización  de probas a todo o persoal e persoas usuarias das residencias de maiores,  intervir as residencias privadas para unha “boa prestación” ante o repunte de casos detectados nos últimos días e activar un plan de choque para garantir as condicións sanitarias.

Por outra parte, a portavoz do BNG reclama a recuperación da “plena capacidade da Xunta” na xestión da crise do coronavirus porque a “centralización” non está a ser parte da solución e máis ben está a ser un problema”.

 Pontón tamén trasladou ao titular do goberno galego a urxencia de abordar medidas que fortalezan o tecido produtivo galego para abastecer ao sistema sanitario, medidas de apoio económico para os autónomos e autónomas e  liñas de axuda para  o sector marisqueiro  así como activar dende a CRTVG unha liña para que mentres dure o confinamento poda ser exhibida a “creatividade  do sector cultural”.

social youtube xornalgalicia   feed-image