O BNG chama á participación masiva na manifestación a favor da sanidade pública e denuncia o intento de censura do PP

Información
Galicia | 02 Febrero 2020 | 2032 votos | Correo electrónico | Imprimir

Prado: “a resposta aos recortes non pode ser unha circular do SERGAS impedindo facilitar información nos centros para impoñer o seu relato”. Saturación nos servizos de urxencias e espera na atención primaria, entre as consecuencias do “balance desolador” do Goberno de Feixóo

O BNG arrancou ante o CHUS unha campaña informativa e de apoio á sanidade pública na que urxe a unha rectificación da década de recortes e privatizacións do Goberno de Feixóo, ao tempo que fai un chamamento para participar de xeito masivo na manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública.

“Queremos facer un chamamento para que todo ese descontento se canalice na manifestación que, por terceiro ano consecutivo, se vai celebrar o 9 de febreiro en Santiago porque a sanidade pública é un ben moi prezado conquistado tras moita loita e esforzo e non podemos consentir ao PP que a estrague”, salientou a portavoz parlamentaria de sanidade, Montse Prado, ás portas do CHUS no reparto informativo no que tamén participou a portavoz municipal, Goretti Sanmartín, e responsables locais.

Dez anos de recortes do Goberno de Feixóo deixan un “balance desolador”, denunciou Prado, “porque ao longo desta década o PP non fixo máis que empuxar á sanidade pública cara o precipicio, menos orzamentos, menos profesionais, 800 camas menos e unha situación continua de abuso dos e das profesionais”.

E neste contexto, a deputada nacionalista denunciou que lonxe de poñer máis medios económicos e humanos para reverter os recortes, a reacción do Executivo do PP e enviar circulares internas desde o SERGAS para amordazar aos profesionais

social youtube xornalgalicia   feed-image