A XUNTA MINTE NOVAMENTE CO PROXECTO DE DRAGADO DA RÍA DE O BURGO

Información
Galicia | 06 Noviembre 2019 | 2930 votos | Correo electrónico | Imprimir

Pablo Arangüena confirma que o Goberno de España ten tramitado o proxecto diante da UE no pasado mes de maio mentres a Xunta ofreceu “cero euros e cero compromisos”

A Coruña, 06 de novembro de 2019. O vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE e candidato ao Congreso pola provincia de A Coruña, Pablo Arangüena, acusou hoxe á Xunta de “mentir novamente” diante do proxecto de Dragado da Ría de O Burgo. Logo da visita da conselleira de Infraestruturas a A Coruña na pasada fin de semana, o Ministerio de Transición Ecolóxica, “confirma que ten tramitado o proxecto diante da UE”.

 

Arangüena apunta que o Ministerio ten tramitado o expediente xa dende maio deste ano, e “por iso poderá ser financiado con fondos Feder”. Sinalou que “a Xunta minte e manipula reiteradamente na súa estratexia de confrontacióñn constante co goberno de España”, como fixo, lembra, co financiamento autonómico, cos prazos do AVE, coas axudas para as electrointensivas e, desta volta, coa dragaxe de O Burgo.

Sinalou que o goberno de Pedro Sánchez “está comprometido coa actuación medioambiental na Ría”, contrastando cos “sete anos de goberno de Rajoy nos que non houbo ningún avance nin consta ningunha petición por parte do goberno galego”.

O responsable socialista afeoulle hoxe ao Executivo autonómico a súa “colaboración nula”, ofrecendo “cero euros e cero compromiso” a pesares da súa competencia en materia medioambiental”.

Ademais sinalou que a conselleira é “a menos indicada para falar de incumprimentos en A Coruña”, onde “o seu único investimento coñecido foi o dunha pasarela peatonal para Marineda, que tiña que estar rematada en 2018 e que aínda non entrou en funcionamento”.

Falsidade documental

Finalmente reclamoulle á conselleira que “nos conte que opina da decisión da Fiscalía de pedir nun xuízo na Audiencia Provincial de A Coruña un total de 6 anos de prisión por falsidade documental no proxecto de dragado da Ría de Ferrol para dous ex altos cargos da Xunta.

Trátase do ex xefe de servizo de Conservación da Natureza de A Coruña e o ex subdirector xeral de Espazos Naturais, que presuntamente intentaron agochar un informe de impacto medioambiental negativo contra o proxecto en 2011.

social youtube xornalgalicia   feed-image