A Comisión de Transparencia de Galicia pide explicacions a Cofradía de Pescadores de Baiona é Consellería do Mar sobre a negativa a entregar documentos públicos da súa contabilidade.

Información
Galicia | 22 Octubre 2019 | 2446 votos | Correo electrónico | Imprimir

A patrona Maior da Cofraría de Baiona, facilita pagar o IVA de chiringuitos con cargo a fondos europeos, pero se nega a que a ciudadanía coñezca a súas actividades cos cartos públicos que gestiona na cofradía de pescadores. Os documentos descargables son relevantes e significativos, e mostran a NEGATIVA da Patrona Maior de Anunciada a que se coñezca publicamente como manexa os fondos públicos da nombrada xestión do ente cofrade, algo que con seguridade non vai lograr censurar.

Pladesemapesga dispón de información sobre a maior fraude europea ata a data dos fondos europeos, axudas aos GALP ( GAC) e axudas públicas tuteladas pola Consellería do Mar, ocultadas ao TC, Consello de cotas e á Unión Europea.

Unha información rutineira na Confraría de Baiona ( A Anunciada ) tras a súa negativa para ofrecer información pública perfectamente lexislada nas leis de transparencia e dos fondos europeos para a Pesca, poñen en alerta sobre a posible existencia da maior fraude Europea sobre os fondos públicos ao " utilizar todo tipo de artimañas para evadir a súa fiscalización e coñecer onde e en que se gastan ", só a modo de exemplo, nas contas da entidade de Baiona atopamos o pago de impostos desde a Consellería do Mar ( IVE/IVE ) con cargo aos fondos FEDER ao Concello de Gondomar e a Confraría de Pescadores que a Xunta dá por aceptados e correctos.

Aparece reflectido asi;

Anualidade 2016 Concepto IVE_ B1 ( Concello de Nigran) importe orzamentado 1.257,42 euros gasto subecionado 5 total subvención 100% (1.257,42 euros)....+

 

Son só una das "xoias" que saen da contabilidade da Dirección Xeral de Desenvolmemento Pesqueiro en cuxo escrito afirma descoñecer as cóntas das confrarías sobre as que " non sabe se ai ou non ai informes fiscalizadores, auditorias ou outro tipo de control, polo que estarían, non só incumprindo as leis coa colaboración necesaria da Consellería do Mar, se non coas normativas para o efecto e o total descontrol dos fondos europeos e as normativas que lle son proias, que son só a punta do ICEBERG. Segundo o Consello de Contas dende o 2007 deixáronse de recibir as contas e de fiscalizar todas as confrarías de Pescadores Galicia e as súas Federacións para non ter que enfrontarse aos patróns maiores das confrarías de Galicia ante a evidente perda dos votos nas eleccións, misturando así o público-político e os inetreses dos sector pesqueiro de Galicia e común en todo o territorio Nacioanl de España, di o documento do Consello de Contas entre outros que ningunha Confraría de Pescadores de Galicia presentou ou rendiu informe de auditoría xunto ao que de forma expresa acredita a falta de auditorias da Confraría de Baiona .- " .

O "modus operandi" da presunta trama sobre os fondos públicos, GALP, GAC, Europeos etc, do que nada se cumpriu á luz dos documentos descargables, máis a "contabilidade e informes expecíficos que poñemos ao dispor dos lectores mediante solicitude a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. para ser transferidos por web transfer ) o Consello de Contas de Galicia, por acordo do 20 de Decembro de 2007, aprobou incluír a fiscalización das confrarías de Galicia nos seus plans de actuacións, e doi que nada se cumpriu nos últimos 10 anos baixo goberno do PPdeG con Rosa Quintana a fronte do sector pesqueiro.

A mesma baséase na Lei 9/1993, do 8 de Julio sobre as confrarías de pescadores e deixando ao carón a multitude de modificacións sendo a última coñecida a do DECRETO 64/2018, do 7 de xuño, polo que se modifica o Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións., - Diario Oficial de Galicia, de 18-06-2018.

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo. Presidente

Rosa María Quintana Carballo. Conselleira del Mar

En virtude da Lei, que establece que o réxime económico, orzamentario e contable das Confrarías estará sometido ao control e á fiscalización do Consello de Contas de Galicia ou no seu caso o Tribunal de contas, así como da Intervención

Xeral da Xunta de Galicia, da fiscalización a estas entidades tuteladas e asociativas nomeadas de interese público polo que a súa cualificación como corporación de Dereito Público orixina que, para os efectos da súa constitución e a súa organización, participan da natureza das Administracións Públicas.

Gozan, por iso, dunha personalidade xurídico-pública, sen que iso supoña o seu posible encuadramiento como sector público da Xunta de Galicia, doutra banda as confrarías de Galicia, non teñen asignacións DIRECTAS nos orzamentos xerais da nosa autonomía, pero reciben cartos públicos a través de varios conceptos e xestions públicas que solo xestionan os responsables da Consellería e os patróns/nas maiores dos entes cofrades, de ahí a sua negativa a fiscalización.

A tutela desde a Consellería do Mar que delega o 90% das súas competencias na Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, tanto sobre a organización, asegurando que a súa estrutura interna e funcionamento réxase con principios democráticos como sobre a súa actividade, non é menos certo que o último control pende directamente da Conselleira do Mar Sra Rosa Quintana Carballo.

Neste último apartado, o control esténdese aos ámbitos onde as confrarías desenvolvan funcións públicas que exercen por delegación nos que poderá existir un control xurídico .

É sobradamente coñecida e moi abundante pola teima de derrogar decretos uns tras outros onde se limitan a pequenos matices onde non se poida perder o control das mesmas nin ofrecer un compromiso legal máis aló do meramente necesario pola normativa legal, que establece que o réxime económico, orzamentario e contable das Confrarías estará sometido ao control e á fiscalización do Consello de Contas, esta Institución acordou a realización dunha fiscalización da situación económico financeiro das Confrarías de Pescadores de Galicia, ata a chegada de Rosa Quintana ao poder na antiga Consellería de Pesca polo ano 2009 sobre o que deixou de solicitar e instar ao Consello de Contas de Galicia a fiscalización e obrigación das auditorías de Galicia, dando paso así, ao descontrol e presunta corrupción dos diñeiros públicos e fondos europeos, nas que a maioría estan integradas nos GALP ou GAC financiados exclusivamente con fondos europeos dos que non existen ningún tipo de control, unhas auditorías de obrigado cumprimento legal que tamén se lle ocultan ás autoridades europeas dando por bos os informes ( contables nos que so constan na maioría dos asientos (VARIOS) ocultando literalmente a contabilidade e en que se van os cartos públicos que nunca chegan a ningun mariñeiro ou pescador pro os patróns maiores compinchados coa Consellería dan o visto vo sen ningún tipo de comprobación legal.

Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións. Vixencia desde o 18 de Febreiro de 2014. Revisión vixente desde o 19 de Xuño de 2018

4. A Xunta de Galicia, a través da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, poderá exercer o control financeiro necesario sobre os gastos efectuados para a xestión das funcións descritas no parágrafo segundo do artigo 3 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia.

5. As confrarías de pescadores e as súas federacións, a requirimento da consellería competente en materia de pesca, deberán someterse a unha auditoría externa de contas. Dita obrigación entenderase sen prexuízo das obrigacións que poidan, no seu caso, corresponderlles cando sexan beneficiarias de subvencións con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia ou de fondos comunitarios.

6. En todo caso, a xestión económica, financeira e as contas das confrarías estarán sometidas ao control do Consello de Contas, nos termos previstos na Lei 6/1985, do 24 de xullo, regulador do devandito órgano e nas súas disposicións de desenvolvemento.

O CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA, NON FISCALIZA NEN ESIXE AS AUDITORÍA TAL E COMO MARCA A LEY

As Confrarías de Pescadores configúranse como Corporacións de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que actúan como órganos de consulta e colaboración coa Administración en materia de interese xeral pesqueiro, especialmente na pesca artesanal, Marisqueo, etc.

Como ben se coñece as Corporacións de Dereito público trátanse de entidades autónomas que representan os intereses de certos sectores sociais e desempeñan funcións públicas de ordenación do devandito sector.

Desta definición o dobre carácter destas entidades, por unha lado, de base privada, ao constituírse co fin de representar e defender os intereses dun determinado colectivo, pero exercen funcións públicas administrativas.

Posúen plena capacidade para adquirir, posuír, gravar e allear libremente toda clase de bens e dereitos que integren o seu patrimonio, establecer cotas e derramas, obter ingresos derivados de prestacións de servizos, adquirir bens de forma gratuíta (por doazóns, legados e similares) e establecer outras fontes de recursos acordes á lexislación e aos seus estatutos.

Á marxe das funcións de asesoramento e de colaboración coas administracións públicas e da realización de tarefas administrativas, a principal actividade económica das confrarías de pescadores en Galicia e a súa única ou maioritaria fonte de financiamento, céntrase na xestión da lonxa de peixe, ao redor da cal orbitan unha serie de actividades complementarias, fabricación e venda de xeo, servizos de cámaras frigoríficas, aluguer e venda de envases, etc..

Os restantes ingresos obtéñense polas achegas sociais e, de forma complementaria, a través de arrendamento de inmobles dos que son titulares.

Doutra banda a Xunta de Galicia tenas literalmente ADOUTRINADAS E SOMETIDAS ás subvencións, asignacións e transferencias que poida efectuar calquera administración pública ou outras entidades no seu favor para atender unha finalidade concreta e que poidan servir para financiar tanto o orzamento ordinario como un eventual orzamento extraordinario ou especial, constatouse que, os fondos Europeos de Pesca, leva a cabo de forma externa por xubilados ( postos a dedo por Rosa Quintana baixo os ardices administrativos e xurídicos como é o caso do GALP3 " GAC3 " que o manexa ao seu antollo o xubilado fai xa máis de 7 anos Evaristo Lareo Viñas, autor de facer "desaparecer uns 80 millóns de euros de donativos destinados aos pescadores que non recibiron nin un céntimo de euro e a Conselleia do Mar (PPdeG) négase a pedir explicacións”, polo que con total seguridade ante a falta de fiscalización e auditorias debidamente controladas os Grupos de desenvolvemento Pesqueiro, como perceptores e xestores da parte que lles dá Rosa Quintana soamente, das axudas europeas, serían os que se rexistran na contabilidade pública autonómica.

Atendendo ao relatado, son de obrigatoria observancia a elaboración das contas anuais, balance, conta de perdas e ganancias e memoria, mentres que para controlar o patrimonio, as relacións económicas con terceiros e os resultados económicos-financeiros da súa actividade, esíxeselles, unicamente a aprobación da liquidación orzamentaria e un balance anual, pero non se deduce que se requira ás Confrarías o uso de libros de contabilidade obrigatorios, diario, de inventarios e contas anuais, libro de actas etc. e o depósito das contas no rexistro mercantil como é de legal cimplimiento, entre outras as das auditorias internas e externas co que se facilita a posible malversación impune de fondos públicos en toda a escala administrativa deses entes e o seu control.

Pladesemapesga afirma que a fiscalización, a intervención pública en mans de exercer o seu control Sra Rosa Quintana, non só é escasa.

Como órganos que exercen funcións administrativas delegadas as confrarías de pescadores están suxeitas á tutela por parte da Administración.

As Confrarías actúan como intermediadoras nas operacións de lonxa como concesión da autoridade portuaria ou porta de control de fronteiras de animais vivos ou mortos en territorio español, pois é claro que calquera barco ou buque pode entrar en territorio español polo mar con eses produtos perecedoiros e expostos a todo tipo de enfermidades contaxiosas e , bacterianas etc, aínda que soamente ocorrerá cando a concesión administrativa da lonxa recae na Confraría.

É dicir, o peixe que se vende en lonxa pertence aos armadores que desembarcan as súas capturas no porto onde actúa a Confraría ( dono e responsable de facer cumprir a Lei de pesca ) e esta ( confraría-lonxa ) encárgase de xestionar a lonxa cobrando unha porcentaxe ( taxa portuaria) das vendas ao armador. sendo á súa vez o responsable do certificado de control sanitario de entrada en territorio español da pesca poxada.

Por tanto, a natureza económica desta actividade, atendendo ao que establece a Lei, queda suxeita ao control e fiscalización, e no caso de que as Confrarías baixo esta premisa de cobranza de taxa e control sanitario e aduaneiro, convértense en unidades de produción e comercialización, quedano obrigadas por lei a un aférrimo control dentro das súas 3 facetas, concesionaria, aduaneira e sanitaria sen esquecer a de representación e por tanto é a auditoría externa a que dá validez e cumprimento legal á xestión.

Baixo a tutela administrativa da Consellería do Mar, as Confrarías actúan como provedoras de servizos para os seus asociados e, como Corporacións de dereito público, inclúense as súas actividades como órganos de consulta coa Administración, o exercicio doutras funcións encomendadas polas Administracións públicas, e a representación e defensa dos intereses dos asociados.

No que afecta á fiscalización, os controis abarcan a ratificación dos orzamentos anuais e, como mecanismos de control da adecuación na utilización dos seus recursos, a obrigación de notificar á Consellería do Mar, as liquidacións orzamentarias, o balance de situación, a actualización anual dos censos dos afiliados, así como a posibilidade de esixir auditorías e doutros controis económicos, financeiros ou orzamentarios que quedasen á marxe da Lei do artigo 5.4 do Decreto 1740/2003, sobre procedementos relativos a asociacións de utilidade pública, establece que “as entidades declaradas de utilidade pública obrigadas a formular contas anuais en modelo normal deberán someter a auditoría as súas contas anuais”.

O Decreto 776/1998 ( PGC entidades sen ánimo de lucro), establece que poderán formular balance abreviado cando á data de peche concorran dous das seguintes circunstancias:

-Que o total das partidas de activo non supere os 2.404.048,42 euros (400 millóns ptas.).

-Que o importe neto do seu volume anual de ingresos non supere os 2.404.048,42 euros.

-Que o número medio de traballadores empregados durante o exercicio non sexa superior a 50.

CONCLUSIÓN: En principio, as asociacións non declaradas de utilidade pública deberán auditarse cando superen os límites anteriormente vistos (por obter subvencións superiores a 600.000 euros ou por non poder formular balance abreviado); e aínda que a obrigación establécese para entidades que teñan a consideración de empresa ou que, sen ter tal consideración, estean suxeitas ao Código de Comercio en canto á elaboración e presentación das súas contas no Rexistro Mercantil, e como entidades vinculadas ao inetrés público e tutela administrativa débense realizar tanto as internas como a externas que o Consello Galego de Contas di non existir..

Entende esta parte que se atendemos aos DELITOS DE MALVERSACIÓN DE FONDOS PÚBLICOS E CONTRA A FACENDA PÚBLICA. Son efectos públicos os diñeiros de titularidade estatal, autónoma, local, institutos autónomos ou os depositados por particulares en entidades públicas e a Confraría de Pescadores, que é unha corporación pública...Sentencia nº 874/2006 de TS, Salga 2ª, do Penal, 18 de Setembro de 2006.

Doutra banda a súa ocultación podería amparar DELITOS DE MALVERSACIÓN DE FONDOS PÚBLICOS E CONTRA A FACENDA PÚBLICA. Son efectos públicos os diñeiros de titularidade estatal, autónoma, local, institutos autónomos ou os depositados por particulares en entidades públicas e a Confraría de Pescadores a Anunciada de Baiona cos diñeiros públicos que recibiu a través de distintas canles das súas propias solicitudes sono, subvencións, axudas, grupos GALP, FEDER, proxectos e campañas en colaboración coa Consellería do Mar e “ organizacion de eventos financiados cos diñeiros FEDER” tamén son diñeiros públicos…

A VISTA DO RELATO E DOS DOCUMENTOS DESCARGABLES , CORRESPONDE A VOSTEDE SACAR AS SÚAS PROPIAS CONCLUSIÓNS DO QUE ESTA A SUCEDER COS CARTOS PÚBLICOS E EUROPEOS QUE SE REPARTEN NA CONSELLERÍA DO MAR BAIXO ORDENES EXPRESAS DE ROSA QUINTANA CARBALLO CONSELLEIRA DO MAR POR O PPdeG

social youtube xornalgalicia   feed-image