O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou esta mañá unha visita ao Concello de Vigo, onde se reuniu co alcalde e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero.
González Formoso destacou que o encontró supón devolver a visita institucional que Caballero fixo á Deputación da Coruña como presidente da FEMP e saudar "ao que é a referencia do municipalismo a nivel nacional, así como intercambiar opinións sobre os problemas e os retos de futuro do mundo municipal, o máis cercano aos cidadáns".
O presidente da Deputación agracedeu "o importante traballo realizado por Abel Caballero á fronte da FEMP nestes catro anos". "Desexamos que siga, porque o necesitamos no mundo municipal", apuntou.
Preguntado sobre o problema do carbón, González Formoso incidiu unha vez máis na necesidade dunha "transición xusta e intelixente" e achacou o parón que vén experimentando a central térmica das Pontes a "un movemento especulativo do mercado de CO2 a nivel europeo".
Valentín González lembrou que "vamos a intentar que nos próximos meses se busque unha alternativa que permita o funcionamento da central das Pontes, que se está adapatando aos requerimentos normativos da UE cun investimento de 218 M€ e non tería sentido que parara"