Acaba de rematar o Campionato de España de Natación Absoluto Open de verán que se celebrou en Terrassa, dende o 3 ata o 7 de agosto. Alba Gómez Mesías, do Club Natación Arteixo máis destacada neste tipo de citas obtivo moi bos resultados, participou en catro probas, nas que acadou catro mellores marcas persoais e 3 postos de finalista.Acaba de rematar o Campionato de España de Natación Absoluto Open de verán que se celebrou en Terrassa, dende o 3 ata o 7 de agosto. Alba Gómez Mesías, do Club Natación Arteixo máis destacada neste tipo de citas obtivo moi bos resultados, participou en catro probas, nas que acadou catro mellores marcas persoais e 3 postos de finalista.
Nesta ocasión Alba centrouse nas probas de crol. Nadou as distancias de 50, 100, 200 e 400. Pasou á final B nas probas de 100 e 400 libre, rebaixou os seus rexistros persoais e acadou os postos 13º absoluto e 6º absoluto mozo no 100 libre, e 9º e 6º na proba de 400 libre.
Pero o máis salientable reservouno para o último día do campeonato, na proba de 200 libre, nadou moi ben as eliminatorias, entrando na final A. Esta final foi moi competitiva, e Alba soubo defendela ata a última brazada, facendo a súa mellor marca persoal, 2.03.88 e acadando o 4º posto absoluto e o 2º absoluto mozo.
Este evento marca o final da tempada 2018/2019 para todo o Club Natación Arteixo, descansarán para comezar en setembro un novo ciclo, no que de seguro seguirán dando de que falar.