Escrito repercusión "Te lo vas a comer?" - La Sexta

Información
Galicia | 16 Mayo 2019 | 3218 votos | Correo electrónico | Imprimir

Escrito dirixido a Presidencia da Xunta, Consellería de Educación e Consellería de Política Social sobre a situación do alumnado do comedor do CEE María Mariño da Coruña, evidenciado nun programa da televisión onte pola noite, que creou un gran malestar nas familias ás que representamos. Unha chamada de atención ás autoridades xa que vulneran os dereitos do alumnado

A quen interese, a quen corresponda

Dende FOANPAS queremos evidenciar o noso malestar despois de ter visto o programa de La Sexta dirixido por Alberto Chicote onte pola noite sobre os comedores escolares dos Centros de Educación Especial e, en concreto, a situación que están a padecer os escolares do centro María Mariño de A Coruña.

Dicir que:

- É un centro de Educación Especial, polo cal manifestar que hai necesidade específicas que atender: persoal suficiente e cualificado, alimentos e menús que garantan unha calidade axeitada ás necesidades dos/as nenos/as. É unha demanda desta Federación e, de tantas outras, sobre unha nova regulación que permita a ampliación do número de coidadores/as e especialistas, unha programación dietética e nutricional dos menús escolares, incluídas as dietas especiais que se ignoran (visto en directo).

- Sentimos vergoña como cidadáns e cidadás da maneira de evadir responsabilidades por parte da Xunta de Galicia ante as preguntas de Alberto Chicote, ninguén deu a cara, ningunha autoridade política. O Delegado da Xunta de A Coruña non estivo á altura das circunstancias, non respondeu de xeito serio e rigoroso, foi ambiguo e negou as evidencias. Quedou demostrado tiña instrucións para facer de parapeto e neutralizar os problemas.

- Botamos de menos a seriedade dos/as xestores/as das Consellarías de Educación e Política Social. É algo moi serio, é unha falta de respecto ás crianzas, aos seus dereitos e esta actitude atenta contra a integridade física, psicolóxica, emocional e a saúde.

Non imos pedir a dimisión de ninguén, aínda que merece pedila, pero si exiximos que, publicamente, dende a Presidencia da Xunta de Galicia e dende ás Consellarías de Educación e Política Social, dean explicacións e pidan desculpas ás familias afectadas e a toda a cidadanía e a creación de comisións de traballo entre consellarías.

Como cidadáns e cidadás, repetimos, foi moi triste ver este programa e o que evidenciaba, así como o anterior sobre a sanidade galega e o que comen os/as doentes ingresados, por exemplo, no Hospital do Barbanza.

É abochornante ver que pasan estas cousas na nosa comunidade, na nosa querida Galicia.

Non é necesario mencionar leis, decretos, regulamentos... que xa a Administración coñece de sobra. Hai que ter sensibilidade, algo que nestes intres é unha carencia da Administración e aplicar a normativa.

Un saúdo.

A Xunta Directiva de FOANPAS

Imagen de la noticia para PANGA COMEDORES HOSPITALES PLADESEMAPESGA de Xornal Galicia

 Mientras la OCU recomienda no consumir panga y perca porque se ...

Xornal Galicia-23 ene. 2018
Mientras la OCU recomienda no consumir panga y perca porque se han ... dinero público para Hospitales y comedores infantiles de la Xunta.

 

 

social youtube xornalgalicia   feed-image