Mar Sánchez, a vicepresidenta na sombra.......

Información
Reportaxes a fondo | 09 Mayo 2019 | 11737 votos | Correo electrónico | Imprimir

Maria del Mar Sanchez Sierra vicepresidenta en la sombra segun praza GALManda máis que calquera dos conselleiros. E se o seu poder se mide polo respecto que lle teñen os que se sentan nos consellos da Xunta o da secretaria xeral de Medios, Mar Sánchez Sierra pode superar o do vicepresidente, Alfonso Rueda. “Mar contrólao todo”, explican fontes populares sobre a relevancia desta coruñesa nada en 1969 e licenciada en Xornalismo pola Universidade de Navarra. “Na práctica ela é a número dous da Xunta desde o comezo, pois ninguén tivo o seu nivel de influencia transversal”, sinala un gran coñecedor de como se moven os fíos de San Caetano. “Cando Alfonso (Rueda) dirixía o partido en Galicia había un contrapeso con Mar, mais desde que está en Pontevedra, penso que xa non é así”, apunta un dirixente popular en referencia aos cambios que houbo en 2016 na estrutura do PP galego. Hai, aínda, unha interpretación máis matizada e seica máis asisada, emitida a partir de moitos lustros de observación da figura de Feijóo: “Mar e Alfonso están en pé de igualdade para Alberto. Todo depende do asunto de que se trate”.

"Contrólao todo", explican fontes populares sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios

 

Desde que nos anos 90 chegou ao gabinete de comunicación da Consellería de Sanidade dirixida por José Manuel Romay Beccaría, a traxectoria de Sánchez Sierra fundiuse coa de Feijóo, xa que coma el marchou a Madrid en 1996, ao Ministerio de Sanidad. Cando en 2000 o agora presidente do Goberno galego pasou á presidencia de Correos, ela asumiu a dirección de comunicación. Despois foi ocupando ese posto en todos os sucesivos destinos do dos Peares, na Consellería de Política Territorial, na executiva do PP e na Xunta, primeiro como directora xeral, por debaixo en teoría de Alfonso Cabaleiro, e xa desde 2013 como secretaria xeral de Medios. Non hai ninguén máis que acompañase a Feijóo nestes máis de vinte anos de éxitos. E crese que se consegue dar o salto a Madrid como substituto de Rajoy, Sánchez Sierra será a primeira persoa en ir con el.

Politicamente Feijóo é un discípulo de Romay, unha de cuxas maiores habilidades foi a de propagandista, aprendida xa nos anos 70 da man de Manuel Fraga. Cando ao chegar á Xunta o de Vilalba lle encargou a pataca quente que era a Consellería de Agricultura tras os salvaxes incendios do tempo do tripartito, mentres puña en marcha o xigantesco dispositivo que existe hoxe, Romay restrinxiu ao máximo posible a información sobre os lumes e converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Despois repetiu o mesmo esquema en Sanidade.

Alén do carácter máis que estratéxico que a comunicación ten para o dos Peares, o outro factor que explica o poder de Sánchez Sierra ten que ver co seu hiperpresidencialismo, maior que o de Fraga

Alén do carácter máis que estratéxico que a comunicación ten para o dos Peares, o outro factor que explica o poder de Sánchez Sierra ten que ver co seu hiperpresidencialismo, maior que o de Fraga. Con conselleiros na súa gran maioría irrelevantes, as grandes liñas fíxaas Feijóo, que gusta de ocuparse dos asuntos principais, o que multiplica o papel da primeira dos seus asesores. A forma de traballar parécese máis á dun sistema presidencial como o norteamericano. E na Ala Oeste de San Caetano, como a da serie de TV, Sánchez Sierra non só fai de C. J. Cregg, a secretaria de prensa, senón tamén, á súa maneira e salvando todas as distancias, de Leo McGarry, o xefe de gabinete. Este posto da Casa Branca equivale ao dun primeiro ministro nun sistema semipresidencial como o francés, se non hai cohabitación, ou ao dun vicepresidente nun parlamentario como o galego.

O 17 de setembro de 2013 interveu na comisión primeira do Parlamento a secretaria xeral de Medios, que respondeu a unha pregunta da deputada do BNG Montserrat Prado sobre a súa política, por mor da discriminación nas axudas públicas ao semanario Sermos Galiza. Aínda que contestou algunha outra cuestión, en ocasións por escrito, Sánchez Sierra ficou bastante fóra do radio de acción da oposición, froito da discreta habilidade da primeira para pasar desapercibida e do despiste da segunda, pois hai deputados que non saben quen é ou só identifican vagamente a súa función. Esa invisibilidade marca unha gran diferenza co principal encargado da propaganda nos gobernos de Fraga, Jesús Pérez Varela, caricaturizado por Xosé Manuel Beiras como “o pequeno Goebbels” e célebre polos seus antecedentes de ultradereita, ou co máis famoso dos que fixeron esa función no bipartito, o xa entón destacado tertuliano Antón Losada.

Sánchez Sierra ficou bastante fóra do radio de acción da oposición, froito da discreta habilidade da primeira para pasar desapercibida e do despiste da segunda, pois hai deputados que non saben quen é ou só identifican vagamente a súa función

O recordo do estilo de Losada, nun goberno que prometía traer o cambio democrático á Xunta, é axitado polos que xustifican as prácticas actuais, para concluír que non son nin moito menos o peor que se viu e que, en calquera caso, están dentro dos parámetros tradicionais da Galicia autonómica, sempre pouco propicios para o exercicio da liberdade de expresión. Mais Losada apenas dirixía a política informativa de tres consellerías sobre un total trece e fíxoo durante dous anos. En troques, Sánchez Sierra, que centraliza a propaganda de todos os departamentos da Xunta, tivo xa nove anos para consolidar o seu modelo de comunicación institucional.

“Nunca vin nada igual. Non se publica unha crítica”, constata un veterano do PP. Incluso os que na Xunta critican os métodos da secretaria xeral, eloxian os resultados do seu labor, que se ten intensificado tras a terceira maioría absoluta, seica por interpretar o espectacular resultado electoral do PP de 2016, co 47,6% dos votos, como o dun plebiscito de adhesión ás políticas de Feijóo. Vese ben no sector público. Nesta lexislatura a TVG xa non ten nin un debate político en horario non lectivo, pois só os hai no matinal Bos Días, o que é unha versión adaptada ao presente da práctica de Fraga de poñelos na mañanciña. Só a TVG2 emite os xoves de noite A Crónica dunha Radio Galega na que se reforzaron as opinións favorables á Xunta. Desde 2017 a CRTVG converteuse nunha especie de “ABC falado”, pois os profesionais e comentaristas deste xornal, ou saídos del, controlan a información política, malia a posición moi minoritaria no mercado galego dese diario conservador. No sector privado un bo exemplo foi o da vaga de lumes de 2017, cando a maior parte dos medios asumiron as teses de Feijóo sobre un suposto ataque de terrorismo incendiario. Porén, na Secretaría Xeral de Medios aseguran que non se trata ben á Xunta.

Aínda que a oposición non se lembre moito dela, Mar Sánchez acode cada quince días ao Parlamento, para seguir desde a tribuna as preguntas dos portavoces ao seu xefe. A diferenza dos seus homólogos dos outros partidos, ela adoita tomar café na sala de prensa cos xornalistas, o que aproveita para indagar e comentar como van enfocar a sesión. Mais o momento decisivo para os profesionais que se dedican á información política en Galicia chega no Nadal, cando a secretaria xeral envía polo móbil unha mensaxe na que invoca á protección do neno Xesús. Quen a deixa de recibir sabe así que caeu en desgraza. Aínda que sexa individualmente para cada interesado, a mensaxe supón un exercicio de transparencia en relación coa lista de xornalistas mal vistos.

Unha reportaxe propiedade de https://praza.gal/politica/mar-sanchez-a-vicepresidenta-na-sombra

 

María del Mar Sánchez Sierra practica el Modelo del Intercambio ...

Xornal Galicia-7 may. 2019

María del Mar Sánchez Sierra practica el Modelo del Intercambio .... del Director de Xornal Galicia en www.rafaelalvaromillancalenti.es/ ...

 

Mar Sánchez Sierra logró neutralizar la reunión en tablas, CASADO (1 ...

Xornal Galicia-7 may. 2019

Mar Sánchez Sierra logró neutralizar la reunión en tablas, CASADO (1) - FEIJOO (1) en O Pino filtrando el patrocinio del alcohol entre los ...

 

Los cargos de María del Mar Sánchez Sierra (PPdeG) propios de la ...

Xornal Galicia-2 may. 2019

María del Mar Sánchez Sierra persona de confianza del presidente ... en el Monte Gaias pagadas con fondos públicos de las gentes de la Mar.

«El negocio político de las querellas!» María del Mar Sánchez Sierra ...

Xornal Galicia-3 may. 2019

María del Mar Sánchez Sierra, Rosa Quintana, Rafael Álvaro Millán Calenti, expropietario de la web www.ppdegalicia.com unidos para exigir ...

Luís Bará (BNG) denunció que María del Mar Sánchez Sierra es la ...

Xornal Galicia-26 abr. 2019

Luís Bará (BNG) denunció que María del Mar Sánchez Sierra es la "gran maquinaria de propaganda del Gobierno", con "la figura de la ...

La Secretaría de Medios que dirige Mar Sánchez Sierra rechaza por ...

Xornal Galicia-29 abr. 2019

La Secretaría de Medios que dirige Mar Sánchez Sierra rechaza por "tres segundos" la presentación de una oferta al contrato de 495.846,00 ...

María del Mar Sánchez Sierra como Vicepresidenta de Retegal podría ...

Xornal Galicia-29 abr. 2019

Mar Sanchez Sierra como Responsable de Medios y .... La transparencia ante Xornal Galicia es nula , a la solicitud de certificado de acto ...

Mar Sánchez Sierra como vocal en representación de la Xunta podría ...

Xornal Galicia-23 abr. 2019

Mar Sánchez Sierra como vocal en representación de la Xunta podría estar facilitando una "TRAMA URBANISTICA EN TERRENO PÚBLICO" ...

Pladesemapesga solicita información sobre la Romeria de O Pino ...

Xornal Galicia-7 may. 2019

Pladesemapesga solicita información sobre la Romeria de O Pino (PPdeG) a la Sra María del Mar Sánchez Sierra en su faceta de asesora ...

María del Mar Sánchez Sierra vocal Puerto de A Coruña se querella ...

Xornal Galicia-24 abr. 2019

María del Mar Sánchez Sierra vocal Puerto de A Coruña se querella contra Miguel Delgado por calumnias pero "CALLA Y ENCUBRE" el uso ...

social youtube xornalgalicia   feed-image