Filosofía budista no Día das Letras Galegas

Información
Agenda de Galicia | 14 Mayo 2020 | 3245 votos | Correo electrónico | Imprimir

Publícase en galego unha disertación con perspectiva contemporánea baseada nun escrito budista do século XIII sobre a budeidade na vida cotián

Co gallo da celebración este 17 de maio do Día das Letras Galegas, a editorial de pensamento budista Ediciones Civilización Global, ten o pracer de presentar a versión en lingua galega da obra El logro de la budeidad en esta existencia, un traballo do escritor xaponés, filósofo e activista pola paz Daisaku  Ikeda.

 

 

Disertacións sobre o atinximento da budeidade nesta existencia, título da versión en galego da citada obra, explora un importante escrito do monxe xaponés do século  XIII,  Nichiren   Daishonin, dende unha perspectiva actual.

A fondura do seu ensino sobre o concepto de “acadar a budeidade” nesta existencia supuxo un fito revolucionario nas correntes filosóficas da época apuntando cara ao empoderamento individual como orixe do empoderamento colectivo, un enfoque capaz de modificar radicalmente o pensamento budista do século XIII e chegar ata os nosos días con toda a vixencia e a forza para transformar vigorosamente a época actual e abrir un futuro cheo de esperanza neste século  XXI.

Ikeda, o seu autor, baseou a súa vida no poder do diálogo, mantendo encontros con personalidades e académicos das máis diversas latitudes para conversar sobre temas cruciais de importancia para a humanidade. Máis de oitenta deses diálogos foron publicados en forma de libro.

Disertacións sobre o atinximento da  budeidade  nesta existencia vén contribuír á publicación de libros en lingua galega coa filosofía budista como temática principal. Nesta ocasión, a edición galega contou coa tradución de Inés Vázquez.

social youtube xornalgalicia   feed-image