A Conselleria de Sanidade esta desbordada pola sexta ola da COVID-19; pretende facer fronte a ela, con medidas improvisadas, irracionais e que poñen en risco a saúde das persoas.
1º.- Aínda que agora xs infectadxs presentan, nunha gran maioría, cadros pouco graves a Consellaría esixe polo menos dúas consultas por cada enfermo COVID (o primeiro día e o sétimo día) algo totalmente irracional dada a non gravidade dos cadros e a gran contaxiosidade da variante ómicron.
2º.- Pretende reducir a atención nos Centros de Saúde a problemas urxentes e persoas con COVID, a pesar de non ter moita gravidade e que na súa maioría son consultas burocráticas, altas e baixas laborais, recibir información ou solicitude de test. Esta medida, supón negar a asistencia a persoas enfermas que poden ter patoloxías graves. Afortunadamente, a maioría dos Centros de Saúde, ignoraron esta orde da consellaría e continúan atendendo aos pacientes enfermxs doutras patoloxías.
3º.- Continua a consellaría, ca tendencia de derivar tódalas demandas ás consultas médicas, a pesar de que boa parte da demanda é de natureza burocrático-administrativa, que poderían ser atendida por persoal non médico, que forma parte dos equipos (enfermería, administrativx, traballo social ou rastrexadorxs), o que permitiría centrar a consulta medica en problemas de natureza clínica.
4º.- Solicitou a incorporación de facultativos/as, xubilados/as (para encargarse das chamadas aos novos positivos, xestión de baixas e outras tarefas burocráticas) e de persoal médico sen formación especializada en Medicina Familiar e Comunitaria o que supón o risco de perpetuar nos Centros a profesionais sen o nivel de formación adecuado.
5º.- Acrecéntase a falla de persoal (agravado polo forte aumento da actividade e as baixas laborais duns profesionais exhaustxs e onde en moitos centros, falta máis da metade do persoal facultativo). Como consecuencia a media de consultas médicas supera os cincuenta enfermxs ao día, dos que entre un 50 e 80% están monopolizadas pola COVID.
6º.- Afastámonos do obxectivo de destinar o 25% do gasto sanitario a Atención Primaria, dado que o orzamento para este nivel para o ano 2022 (...e ca que está caendo) reducíuse nun 2%.
7º.- Non hai vontade de incorporar novos profesionais, mellorar o equipamento e plans para acabar coas listas de agarda (que superan os 15 días nalgúns centros) e a masificación das consultas. Seguen sen reabrirse os centros rurais fechados, a prioridade das consultas telefónicas, a limitación de aforos, o colapso de centrais telefónicas ou do teléfono 881540045 de contacto para conseguir cita. A poboación segue acudindo aos centros de saúde sen cita previa, xerando aglomeracións, e recorrendo aos PAC, ás urxencias hospitalarias ou ao sector privado.
A incapacidade da Consellaria de Sanidade, leva a Atención Primaria ao desastre e córrese un risco real de que a poboación perda a confianza na sanidade pública e fuxa ao sector privado, mentres que xs profesionais e traballadorxs dos Centros de Saúde acaben desmotivados e queimados, algo incompatible cunha Atención Primaria de Calidade.
O 4º Conselleiro de Sanidade, que xá está amortizado, debería dimitir e a poboación e traballadorxs da AP en manter e acrecentar as mobilizacións.
Exiximos a Feijoo, que cumpla o acordado no Consello Técnico de AP e nas 15 Comisións Técnicas creadas para realizar o novo Modelo de AP de Galicia.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública